Educar na paz (Programa nº 692 na TVG)


Estamos cerca do 30 de xaneiro, día no que se celebra o Día da Paz e da Non Violencia. E temos hoxe connosco a un convidado que leva a súa vida dedicado a fomentar precisamente a paz e a non violencia, o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios. Falaremos con el de paz, de valores, de emocións, …, de como educar na casa e na escola aqueles valores que nos fagan ser unha sociedade máis libre, máis xusta, e, sobre todo, menos violenta. Educar na paz.

AS COUSIñAS DE CADA DíA
A infancia é un período de explorar e de experimentar. Tamén, e por iso mesmo, é un período de risco para os que aínda non teñen moitas destrezas corporais e si pouca conciencia dos perigos. Por iso, é moi importante a prevención. Previr é anticiparse, adiantarse, é actuar para evitar que algo que non queremos que ocorra suceda. Durante a infancia, prepárase o camiño para unha vida plena de aprendizaxes, autonomía e descubrimentos. A riqueza e a diversidade das experiencias cotiás brindan aos nenos oportunidades de realizar unha boa elección dos modelos a seguir. Prevención e estilos de vida saudables.

A AVENTURA DE CRECER
Cantar é unhas das actividades que teñen que estar sempre presentes na vida dos nenos e nenas. Iso téñeno claro neste Espazo das Familias de Preescolar na Casa. O polo Pepe.

XOGAR E BRINCAR
Os xogos e as actividades artísticas son estímulos beneficiosos para o desenvolvemento intelectual e emocional do neno. Estas actividades fomentan a creatividade e danlles seguridade en si mesmos. Hoxe imos moldear. Empregaremos un material moi ligado á infancia, a plastilina. Coa plastilina, os nenos melloran a habilidade dos dedos e desenvolven en gran medida o sentido do tacto. E da vista, xa que temos plastilina de moitas cores. A través desta manipulación nenas e nenos investigan e aprenden a diferenciar formas, cores, texturas e volumes, así como moitos outros conceptos necesarios para a vida. Moldeando.

LIñA DIRECTA
ángela Torres é psiquiatra e profesora da USC. Hoxe da resposta no noso programa a unha pregunta formulada por unha nai: Cando debe o neno dispoñer dun cuarto ou dun espazo independente na casa?

CONTRAPORTADA
A paz é mellor que a guerra. A tolerancia é mellor que o odio. A concordia é mellor que a división. Celebramos o Día da Paz. 30 de xaneiro, Día da Paz e da Non Violencia.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 692
TíTULO: Educar na paz
DATA DE EMISIóN: 28 de xaneiro de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag