Loita contra a violencia de xénero (Programa na TVG nº 685)


Aproveitando que como cada 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional Para a Eliminación da Violencia contra a Muller, están connosco Luisa González e Dolores García, do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Con elas falaremos da violencia contra a muller, dos nenos e das nenas que viven estas situacións de tensións. Luisa e Dolores nos van dar pistas para que as mulleres poidan saír dunha situación de maltrato, cales son os dereitos da muller vítima, e sobre todo onde acudir, é dicir, recursos e servizos cos que contan.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

As prazas son lugares privilexiados para o encontro. Son lugares compartidos por todos, homes e mulleres, adultos, anciáns, nenas e nenos. Son lugares onde nenas e nenos reivindican o seu tempo de intercambios, palabras, xogos e de diversións. Alí berran cada día coa súa presenza: a praza é nosa! A praza tamén é deles. “As prazas dos nenos”.

A AVENTURA DE CRECER

A masaxe permite comunicarnos co bebé cunha linguaxe de tenrura que é a linguaxe pel a pel. Hoxe Noa vai gozar dos beneficios da masaxe suave moi positiva para o sistema dixestivo. Axúdalle a facer a dixestión e a previr os temidos gases. Movementos lentos como o de alisar a fronte servirán para relaxar tensións. O contacto das mans sobre a pel desencadea reaccións vinculadas á tenrura. Tamén estimula a liberación de neurotransmisores e a produción de hormonas, o que contribúe á maduración do sistema nervioso. “Unha masaxe suave”.

XOGAR E BRINCAR

Son grandes, azuis  amarelos. Son redondos e seguros. Os aros de cores son un xoguete moi divertido. Os aros de cores permiten unha infinita variedade de xogos.  Túnel de aros, Tren de aros, Xogo de encestar, O rolo xigante. As posibilidades de xogo e de movementos que permiten son infinitas. Unha das máis interesantes e deixar os aros simplemente nas mans das nenas e dos nenos. Son redondos e rodan. Dan voltas e revoltas. O nenos móvense, rodan e corren con eles. “Voltas e revoltas cos aros de cores”.

LIñA DIRECTA

Daniel, Patricia e Marga son algúns dos pais e nais que participan nos Espazos Educativos de Preescolar na Casa. Hoxe queren dar testemuña do que lles aporta o programa para eles e para os seus fillos e fillas.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 685

TíTULO: Loita contra a violencia de xénero

DATA DE EMISIóN: 26 de novembro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag