Preescolar na Casa, televisión educativa (Programa nº 700 na TVG)



Xosé Ramón Gayoso, presentador na TVG, e que leva moitos anos nun programa de éxito como Luar, está hoxe connosco nun programa no que Preescolar na Casa cumpre 700 semanas na televisión pública galega cun programa educativo que tenta estar a carón das familias con fillos pequenos. Este programa é posible grazas ao esforzo de dun equipo de moitas persoas, moitos profesionais que fan realidade este espazo educativo que acompaña aos pais e ás nais na aventura de crecer e no desafío de educar aos fillos e fillas. 700 programas de Preescolar na Casa.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

A educación infantil é unha etapa fundamental, e non só en relación coa súa función asistencial, de coidados e sanitaria, senón, e prioritariamente, pola súa función eminentemente educativa. Trátase dunha etapa fortemente educativa é non só unha preparación para a etapa escolar. Incluír esta etapa da educación infantil dentro do sistema educativo ten razóns sociais e políticas de peso. é a única maneira de asegurar a igualdade real das nenas e dos nenos respecto á educación. Apostando polos primeiros anos.

A AVENTURA DE CRECER

O arco da vella, unha cantiga de Suso Vaamonde sobre a letra dun poema de Manuel María vai poñer hoxe unhas notas de música e cores a este espazo.

XOGAR E BRINCAR

“Nun museo, non sei en que parte do mundo había un cadro que pintou un tal Murado, cheo de raias todas enmarañadas. Pero aquelas raias soñaban con escapar daquel cadro, pensaban que lles gustaría viaxar, bailar, voar…”. é un conto de Doris Paz. Na vida diaria dos máis pequenos non poden faltar os contos que alimentan a súa imaxinación e a súa capacidade de fantasía. Contos con elementos de xogo que amplían o poder da narración. “Os soños das raias dun cadro”.

CONTRAPORTADA

Naturalmente a contraportada deste programa vai rematar cun crebacabezas de rostros e persoas deste programa, que fai o número 700 traballando a prol da parentalidade positiva. 700 programas de televisión educativa.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 700

TíTULO: Televisión educativa

DATA DE EMISIóN: 24 de Marzo de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag