Author Archive

A Fundación Preescolar na Casa en Facebook

A Fundación Preescolar na Casa tamén está en Facebook. Podedes ser os nosos amigos nesta rede social que pretende ser un foro de opinións e noticias sobre educación infantil na familia, sobre o noso traballo e sobre todo aquelo que queirades comentar. Búscanos aquí.

Alí vos agardamos!

A educación do neno ata os 6 anos é clave na súa vida

Máis de 200 profesores, estudiantes e pais analizaron en Lugo o papel da escola e a familia na sociedade. Ler artigo publicado en La Voz de Galicia sobre as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia celebrada en Lugo o 12 de marzo.

Entrevista a Sara Paz en El Progreso

Con motivo das I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia, o diario El Progreso publicou esta entrevista a Sara Paz, da área Pedagóxica da Fundación Preescolar na Casa.

Unha mirada á primeira infancia, este sábado

Este sábado 12 de marzo comeza “Unha mirada á primeira infancia”, xornada coa que  iniciamos un ciclo de debate e reflexións: Educando na Infancia e na adolescencia. Ver noticia en La Voz de Galicia.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ser un espazo e un tempo para reflexionar sobre a infancia hoxe; un tempo e un espazo para analizar a realidade, para situar as necesidades de nenos e nenas neste contexto. A través da presentación de diversas experiencias poderemos visualizar un modelo de intervención educativa acorde coas necesidades actuais. Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, base da educación e Read the rest of this entry »

Políticas educativas e compromiso social: o labor de Preescolar na Casa

Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad.

Neste libro de Miguel A. Santos Rego, editado por Octaedro, resáltase o compromiso social como gran principio sobre o que se deben asentar as políticas educativas, e como elemento clave para a mellora e o progreso da sociedade. E non pode ser doutro xeito que conxugando equidade e calidade. No libro destácase o labor da Fundación Preescolar na Casa neste eido.

Nunha reseña sobre este libro, Bernardo Gargallo López, escribe:

“… El cuidado de la infancia, como referente de equidad y calidad, y el análisis de los logros del programa Preescolar na Casa, ya con 30 años de experiencia, …, la educación debe empezar cuanto antes y concitar los esfuerzos de toda la comunidad, cuidando especialmente la formación de los padres y madres Read the rest of this entry »

Aberto o prazo de inscrición das I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Dende o día 4 de febreiro, e ata o 4 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia que terán lugar en Lugo os días 12 e 26 de marzo, organizadas pola Fundación Santa María, a Fundación Preescolar na Casa e a Universidade de Santiago de Compostela. Pódese facer simplemente cubrindo este cuestionario. Máis información sobre estas xornadas aquí.

Educar na paz (Programa nº 666 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Celebramos o Día da Paz. Acadar un mundo xusto e en paz é obriga das sociedades avanzadas. E conséguese con educación dende os primeiros anos e dende a casa, dende a familia. Anxo Moure, ecoloxista e pacifista activo, danos hoxe no programa a súa visión sobre como avanzar no tema da educación para paz. “Educar na paz”. Read the rest of this entry »

Dislexia (Programa nº 665 na TVG)

Podes ver o programa aquí. A dislexia é un trastorno da aprendizaxe que afecta á principal ferramenta de acceso ao coñecemento: a lectura. Estímase que en España, a porcentaxe de persoas que a padecen chega ao 5%. Hoxe estará connosco no programa Carmela Díaz, presidenta de AGADIX, a Asociación Galega de Dislexia para falarnos deste trastorno e das solucións do mesmo, solucións que pasan Read the rest of this entry »

A música e os nenos (Programa nº 664 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Falamos da importancia da música e como a mesma nos fai mellores persoas. Para isto estará hoxe no programa Gloria Mosquera, mestra e membro do grupo Mamá Cabra, que acaba de sacar novo disco, “Ola, Ola, lá”. Porque a música non pode faltar no desenvolvemento dos máis pequenos.

Parentalidade positiva (Preescolar na Casa)

Parentalidade positiva (Preescolar na Casa)

Falaremos tamén de parentalidade positiva, un concepto moi de actualidade: pais e nais positivos son aqueles que atenden, potencian, guían e recoñecen aos seus fillos como persoas de pleno Read the rest of this entry »

Contos da Ciclobiblioteca (Programa nº 663 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Comezamos o ano 2011 falando de contos e libros. A importancia da lectura é básica para o desenvolvemento de tódolos campos da vida e das sociedades. Porque a través dos libros e dos contos podemos emocionarnos, podemos aprender, e, como non, podemos Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag