Archive for the ‘A Fundación nos medios’ Category

Falando da infancia

Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto charlan con Diana López no programa “De tarde en tarde”, de Telelugo, sobre a visión da infancia e das necesidades desta, recalcando a importancia dos primeiros anos de vida.

Conclusións das I Xornadas Educando na infancia e na adolescencia

As I Xornadas educando na infancia e na adolescencia: Unha mirada á primeira infancia, reuniron en Lugo, os días 12 e 26 de marzo a preto de 200 persoas, (a maior parte profesionais da educación, pero tamén nais e estudantes) que manifestaron, a través da súa alta satisfacción coas xornadas, a necesidade dunha resposta sistémica ás necesidades da infancia e da familia (Ver noticia publicada en La Voz de Galicia). A creación desta resposta precisa a implicación dos diferentes sectores da comunidade, para repensar as ofertas e modelos educativos que existen de acordo coas seguintes premisas Read the rest of this entry »

A Fundación Preescolar na Casa participa no magacín de Telelugo “De tarde en tarde”

Preescolar na Casa en "De tarde en tarde"

Preescolar na Casa en "De tarde en tarde"

A Fundación Preescolar na Casa participa cada quince días no magacín conducido por Diana López “De tarde en tarde”, de Telelugo, na sección “Aos pais e nais”, na que se abordan temáticas referentes á infancia e á educación nos primeiros anos. O pasado día 28 tratouse o concepto de infancia que debería ter a sociedade en xeral.

Mestras que fixeron escola

A figura de Ermitas Fernández, Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, recollida e recoñecida neste artigo publicado en El Progreso, xunto con outras mestras como Adela Panisse, Conchita Casas, Berta Carballas e Teresa Sanz.

O respecto: un valor en quebra?

A Secretaria da Fundación Preescolar na Casa Marisol Fernández Rocha participou  no programa “Falámolo”, da Televisión de Galicia, nun debate titulado “O respecto: un valor en quebra?”, xunto con Benito Arbaizar Gil, profesor de filosofía do IES Eusebio da Guardia, e con Eduardo Rego Rodríguez, sociólogo da Universidade de A Coruña.

A intolerancia, o insulto e a falta de respecto están á orde do día en moitos dos ámbitos da vida: no ensino, nos medios de comunicación, na política, na propia familia, … Cómpre recuperar o valor do respecto para acadar unha sociedade máis xusta e solidaria. (Podes ver o programa aquí)

A educación do neno ata os 6 anos é clave na súa vida

Máis de 200 profesores, estudiantes e pais analizaron en Lugo o papel da escola e a familia na sociedade. Ler artigo publicado en La Voz de Galicia sobre as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia celebrada en Lugo o 12 de marzo.

Entrevista a Sara Paz en El Progreso

Con motivo das I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia, o diario El Progreso publicou esta entrevista a Sara Paz, da área Pedagóxica da Fundación Preescolar na Casa.

Unha mirada á primeira infancia, este sábado

Este sábado 12 de marzo comeza “Unha mirada á primeira infancia”, xornada coa que  iniciamos un ciclo de debate e reflexións: Educando na Infancia e na adolescencia. Ver noticia en La Voz de Galicia.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ser un espazo e un tempo para reflexionar sobre a infancia hoxe; un tempo e un espazo para analizar a realidade, para situar as necesidades de nenos e nenas neste contexto. A través da presentación de diversas experiencias poderemos visualizar un modelo de intervención educativa acorde coas necesidades actuais. Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, base da educación e Read the rest of this entry »

Políticas educativas e compromiso social: o labor de Preescolar na Casa

Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad.

Neste libro de Miguel A. Santos Rego, editado por Octaedro, resáltase o compromiso social como gran principio sobre o que se deben asentar as políticas educativas, e como elemento clave para a mellora e o progreso da sociedade. E non pode ser doutro xeito que conxugando equidade e calidade. No libro destácase o labor da Fundación Preescolar na Casa neste eido.

Nunha reseña sobre este libro, Bernardo Gargallo López, escribe:

“… El cuidado de la infancia, como referente de equidad y calidad, y el análisis de los logros del programa Preescolar na Casa, ya con 30 años de experiencia, …, la educación debe empezar cuanto antes y concitar los esfuerzos de toda la comunidad, cuidando especialmente la formación de los padres y madres Read the rest of this entry »

A promoción da lingua na familia

O labor da Fundación Preescolar na Casa aparece recollido no Proxecto de Televisión en Internet da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A Fundación sempre destacou polo seu traballo de promoción da lingua galega no ámbito familiar. Preme aquí para ver a reportaxe.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag