Comunicado do Padroado da Fundación Preescolar na Casa

A ORIXE E LIñAS PROGRAMáTICAS DO PROGRAMA.-

Preescolar na Casa nace da iniciativa de “Don Antonio Gandoy”, “O cura da bicicleta”, quen ocupou a súa vida nos necesitados e na formación de “nenos e nenas da aldea”, integrando nestas xeiras a moitas persoas. Nos seus comezos incide no rural onde a cultura e a educación traen liberdade, progreso e valores para os nenos, a gran esperanza de futuro.

A Administración central, os sucesivos gobernos de Galicia, deputacións,  concellos e institucións diversas prestaron apoios, entre eles os económicos.

Comeza en “Cáritas” e vai medrando en complexidade administrativa, económica, contable e de persoal, ata que o Fundador renuncia a ser referente e propicia un Padroado de persoas, con diversas formas de ser e pensar, e uns Estatutos que plasman o espírito do Programa, dinámico e adaptado aos cambios sociais, ate servir hoxe a preto de 4.000 familias. Os membros do Padroado axudamos desinteresadamente.

A SITUACIóN ACTUAL.-

A Xunta reduciu o importe da subvención e mentres non resolve neste exercicio o retorno ao nivel de financiamento que viña prestando así como mentres non chegue o momento en que poida coñecerse o importe de financiamento que asigne a Preescolar na Casa o Goberno de España, como son  insuficientes as achegas de Deputacións, Concellos (de xeito senlleiro  pola súa contía da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo) e outras institucións, non foron dabondo os efectos da aplicación dos EREs de suspensión e de extinción con redistribución do persoal e servizos nas comarcas onde se veñen atendendo a máis de 3000 nenas e nenos.

AS XESTIóNS PARA AFRONTAR A NOVA SITUACIóN.-

Quen integramos o Padroado, ningunha satisfacción temos nestes intres na perspectiva da agonía dun Programa por insuficiencia financeira. Seguimos a pedir axuda, especialmente ás institucións que viñeron apoiando economicamente; temos acudido a moitas portas, logrando reunións e contactos coas administracións, institucións públicas e privadas, e empresas; tamén houbo iniciativas parlamentarias.

Os que integramos o Padroado temos que destacan as actividades que coa mesma finalidade teñen afrontado os traballadores de Preescolar na Casa en xeral e da súa representación sindical en particular, que respectamos e valoramos.

Como resultado, obtivéronse algunhas respostas positivas pero insuficientes, que non evitan a previsión dunha próxima e inevitable insuficiencia financeira.  Polo tanto, temos que seguir coas xestións.

A OBRIGA LEGAL.-

Neste marco, o Padroado ten a obriga legal e ética de adoptar medidas porque, non existindo na actualidade débedas consolidadas, resulta unha carencia de ingresos que permitan atender as actividades ordinarias.

Así, Preescolar na Casa, non pode ficar en pasividade que dane a acredores e traballadores, que poderían verse nunha situación de activos laborais sen percibir as retribucións nin prestacións; e, polo tanto, Preescolar na Casa instará Concurso de acredores, como vía legalmente establecida para tentar subsistir.

é obrigado un concurso que evite o desamparo xurídico de acredores de futuro (na maioría traballadores) e intente, no posible, que siga a prestación de servizos ordinarios que lexitima a existencia de Preescolar, coa aplicación dos áxiles e flexibles medidas das normas concursais no ámbito xudicial.

UN FUTURO INCERTO.-

A retirada de subvencións por parte das institucións que viñan facendo posible actividades conduce a agonía do Programa de Preescolar na Casa, que se tenta evitar mediante os efectos do Concurso voluntario, pero, non obstante, o Padroado e consciente das dificultades que estamos a vivir pola situación de crise, e, por iso, pide ás institucións que se fagan os esforzos posibles, ao tempo que deixa constancia do agradecemento polos apoios recibidos e que fixeron posibles durante moitos anos unhas actividades tan rendibles.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag