O eurodeputado Sánchez Presedo visita Preescolar na Casa

Onte visitaron a sede da Fundación Preescolar na Casa, por iniciativa de Mª Carmen Carballo, do Equipo de Ourense, o eurodeputado Antolín Sánchez Presedo e as deputadas autonómicas Concepción Burgo e Mª del Carmen Acuña. Reuníronse coa Presidenta da Fundación Preescolar na Casa para interesarse polo programa que desenvolve esta Fundación e analizar posibles fontes de financiamento, dada a delicada situación do mesmo.
Para o eurodeputado, “Preescolar na Casa é unha experiencia con valor social, mesmo un orgullo para Galicia. Unha experiencia cunha cultura de apoio á familia, algo necesario e imprescindible hoxe en día”.
Tras coñecer de primeira man a evolución do programa dende o seu nacemento no ano 1977 e a función que cumpre hoxe en día, o eurodeputado animou á dirección de Preescolar na Casa a insistir no diálogo coa Xunta de Galicia, para analizar e asegurar a súa continuidade.

(Ver nova en El Progreso)

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag