A escola hoxe, con Tonucci (Programa nº 710 na TVG)


Neste último programa do curso volve a estar connosco Francesco Tonucci, mestre, pedagogo, escritor e debuxante recoñecido a nivel mundial. Aproveitando a súa presenza no XI Encontro de Familia e Escola, falamos con el de nenos, de familia, de sociedade e de educación. Na entrevista de hoxe centrámonos no papel da escola de hoxe, nunha conversa máis que interesante. A visión da infancia e da educación de Tonucci están moi próximas ás que temos en Preescolar na Casa. Tonucci é un lúcido pedagogo que analiza a infancia e ensina a mirar o mundo con ollos de neno. A escola hoxe.

AS COUSIñAS DE CADA DíA
Estamos na escola de Arcediago, Santiso. Alí, pais, nais, nenos e nenas que van comezar na escola o vindeiro curso, achegáronse xuntos a facer esta visita. Con actividades coma esta, os máis pequenos perderon un pouco dese medo que se produce cando van á escola por primeira vez. Porque a escola e os mestres deben abrirse ás familias, deben acoller da mellor das maneiras posibles a eses nenos e nenas que van pasar alí moitos dos anos das súas vidas. Toca ir á escola.

A AVENTURA DE CRECER
Neste Espazo das Familias de Preescolar na Casa teñen claro que a música é un elemento importantísimo para a configuración da intelixencia. Cantamos: Patatín, patatero e Este olliño.

XOGAR E BRINCAR
En Portodemouros, Arzúa, atopase un lugar que nos meterá de cheo no mundo das abellas. Falamos do Enredo do Abelleiro, un lugar perfecto para aprender e para meterse na pel dun apicultor. Cada un de nós pode e debe vivir en harmonía coa natureza e cos seus outros habitantes. Hoxe, grandes e pequenos, aprendemos aquí que se somos respectuosos e coidamos as abellas, elas tamén son beneficiosas para nós. Toda unha clase de ecoloxía ao pé da casa. Porque ofrecer novas experiencias aos fillos é moi estimulante e produtivo para eles e para nós. O enredo do abelleiro.

LIñA DIRECTA
ángela Torres, psiquiatra e profesora da USC, responde a unha pregunta feita por unha nai: que facer para que a entrada na escola sexa o menos traumática posible?

CONTRAPORTADA
A parentalidade positiva é un concepto impulsado polos gobernos co que se insta aos pais e nais a exercer o seu papel de pai ou de nai nas mellores condicións posibles. Un concepto polo que Preescolar na Casa está a apostar dende o ano 1977. Preescolar na Casa: parentalidade positiva.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS
PROGRAMA de TV Nº 710
TíTULO: A escola hoxe
DATA DE EMISIóN: 9 de Xuño de 2012

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag