Comunicado do Padroado da Fundación Preescolar na Casa

Ante as novas aparecidas no día de hoxe en prensa, publicamos o comunicado íntegro que se lle enviou aos distintos medios de comunicación por parte do Padroado da Fundación Preescolar na Casa:

O órgano reitor da Fundación “Preescolar na Casa”, en cumprimento da obriga de transparencia, informa á opinión pública de que non hai máis alternativa que redefinir o seu programa educativo, en razón da situación financeira de déficit previsible a partires de xaneiro próximo. Preescolar na Casa viña prestando un servizo educativo gratuíto a 4.000 familias de todo Galicia en función das subvencións das Administracións públicas (Central, Autonómica e local); como é sabido o importe destas subvencións viuse reducido o que fai totalmente imposible manter a actual dimensión do programa.

En consecuencia, necesariamente se teñen que adoptar as medidas de tipo laboral e incluso mercantil que permitan seguir afrontando as obrigas nestes eidos e mesmo a supervivencia do Programa (de longa tradición e recoñecida eficiencia en beneficio de miles de persoas e mesmo da propia educación infantil familiar).

Así pois, en datas próximas vaise abrir un diálogo cos traballadores (auténtica alma do Programa) para consensuar un Expediente de Regulación de Emprego que permita adaptar o costo do persoal ao importe dos ingresos e, desta forma, poder facer fronte ás obrigas laborais.

Como é coñecido, xa se afrontou un ERE en consenso cos traballadores, que estivo conformado en razón a unhas expectativas de ingresos que lamentablemente non se materializaron, polo que resulta inevitable adaptarse novamente ás circunstancias de crise e redefinir a dimensión do Programa procurando recuperar, canto antes, a aqueles traballadores que se vexan afectados polo ERE.  Porque non ten outra vontade o Padroado de Preescolar na Casa que manter o Programa e, dende logo, atender aos dereitos dos seus traballadores.


O Padroado da Fundación Preescolar na Casa.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag