Encontro interxeracional: nenos e maiores xuntos

Hoxe 6 de xuño tivo lugar no Centro Social Maruja Mallo, do Concello de Lugo un encontro interxeracional no que participaron nais e nenos dos Espazos das Familias de Preescolar na Casa e as persoas maiores do Centro de Día Antonio Gandoy, xestionado por Alalás.

Tratábase de compartir tempo a redor dunha actividade na que puideran participar tanto os nenos coma as persoas maiores con menos mobilidade, así que se lles propuxeron diversas actividades de expresión plástica.  Sobre un mural compartido pintaron con pincel e esponxas. Logo pegaron sobre el papeis, plumas e fíos.  Máis aló do traballo coas mans, e do exercicio de creatividade, a actividade permitiulles aos nenos atopar o ritmo, máis pausado, dos maiores.

A experiencia foi satisfactoria e enriquecedora para tódalas partes, e abriu a porta a unha colaboración máis continuada entre a Fundación Preescolar na Casa e Alalás.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag