Recursos educativos en galego desde o berce

Nos últimos cursos, a Fundación Preescolar na Casa acompaña ás familias que están no último trimestre de embarazo a través dos espazos das familias Bo comezo. Son espazos onde as  nais e pais, comparten sentimentos, dúbidas, preocupacións ao redor da próxima maternidade e paternidade, onde preguntas concretas sobre o que se van atopar ou sobre como actuar levan a descubrir  a importancia do seu papel educativo desde que o bebé nace e como poden contribuír a súa estimulación e desenvolvemento xa antes de que naza. Son espazos onde valorar e ir concretando o tipo de educación que se quere proporcionar aos fillos e fillas e onde obter recursos para relacionarse mellor con eles a través de xogos, cancións.

Por iso, a Fundación vai colaborar na distribución do cartafol Xeración dos Axóuxeres que acaba de presentar a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se compón de diversos materiais (cancións, contos) cos que se pretende achegar a lingua galega ás familias e aos nenos e nenas desde o nacemento.  A maior parte do material que contén o cartafol pode accederse a través da páxina web que habilitou a Secretaría http://www.xunta.es/linguagalega/xeracion_axouxeres.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag