Educación viaria (programa nº 682 na TVG)

Chega o verán e chega o tempo no que se producen moitos desprazamentos nos coches e vehículos en xeral. Por iso é importante ter presente os riscos que traen estes desprazamentos e a maneira de minimizalos. Por iso estará hoxe connosco no programa Pedro J. Pastor del Castillo, Xefe de Tráfico da provincia de A Coruña e Coordinador de Tráfico de Galicia. “Educación viaria”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

Achegámonos hoxe á Serra da Loba, entre as provincias de A Coruña e Lugo, onde está situado o Parque Eólico Experimental Sotavento. Alí, onde se estudan fontes enerxéticas renovables para acadar un desenvolvemento sostible do planeta, nenos e adultos recibirán de primeira man unha clase de ecoloxía.  “Visita a Sotavento”.

A AVENTURA DE CRECER

As mans son, xunto co cerebro, as principais ferramentas da intelixencia. Poñemos imaxes a unha cantiga do grupo Mamacabra: “Coas miñas mans”.

XOGAR E BRINCAR

A receita ten moi boas pintas. Anacos de kiwi, fresa, pera, plátanos, … Ou calquera outra froita que nos guste. E chocolate, claro. Pero o primeiro é o primeiro: vestirse co uniforme de cociñeiros. Rocío, a orientadora neste Espazo da Familia, explica ao grupo o que van preparar, e os ingredientes que necesitan para a receita de hoxe. Esta actividade serve para introducir o tema da alimentación, para falar de alimentos saudables e, por suposto, para gozar dos fillos e de facer actividades con eles. “Espeto de froitas con chocolate”.

CONTRAPORTADA

Rematamos o programa falando de varios tipos de nenos, na nosa sociedade e noutras. Falamos dos nenos consumidores, dos nenos soldados, dos nenos escravizados, … “Cinco tipos de nenos”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 682

TíTULO: Educación viaria

DATA DE EMISIóN: 4 de xuño de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag