Educación e rural (Programa nº 673 na TVG)

No estanque (Preescolar na Casa)

Podes ver o programa aquí. Falamos hoxe sobre o que significa educar no rural. O rural está a sufrir uns cambios importantes, que inciden na vida das persoas que o habitan. Poñer en valor o rural e as súas virtudes ten que ser un obxectivo prioritario de educadores e políticos. Porque o medio rural é un medio rico, un contexto cunha gran riqueza. Educar a un neno ou a unha nena no rural é ofrecerlle a posibilidade de descubrir por si mesmos e dunha forma significativa o mundo físico, o natural e o social. Estará connosco Santiago Prado, Premio Vicente Risco 2007 de Ciencias Sociais, antropólogo, para falar de todo isto. “Educación e rural”.

AS COUSIñAS DE CADA DíA

A Casa das Ciencias é un museo científico interactivo situado na cidade da Coruña. Conta cun Planetario e tres plantas de exposicións. No cano da escaleira central oscila o péndulo de Foucault, que parece hipnotizar a nenos e grandes. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas senón as preguntas. Como se moven as dunas de area? En cantas cores se divide un raio de luz? Que tamaño pode acadar unha pompa de xabón? Xogar, tocar, sentir, pensar, sorrir, soñar son algún dos verbos que podemos conxugar alí. O único que está prohibido é NON tocar. Experiencias que farán deste día un día inesquecible. “Prohibido non tocar na Casa das Ciencias”.

A AVENTURA DE CRECER

As anainas son cantigas para durmir aos bebés. Iria canta unha fermosa anaina para que Antía chegue ao sono feliz, nos brazos da súa nai. “O sono chega”.

XOGAR E BRINCAR

Son grandes, son medianos, son pequenos. Son redondos. Os aros son de cor vermella, verde, amarela e azul. Non pesan moito e son moi seguros. E moi baratos. A creatividade de cadaquén vai permitir unha infinita variedade de xogos. Así que hoxe, pequenos e adultos, podemos empezar a xogar xuntos.  Máis adiante é preferible que os nenos  xoguen, se divirtan e imaxinen xogos eles sos. Imos xogar con aros. “Os aros son moi divertidos”.

LIñA DIRECTA

ángela Torres é psiquiatra e profesora da Universidade de Santiago de Compostela., e fala hoxe das terribles rabechas dos nenos. Concretamente, ángela da resposta á seguinte cuestión: Hai unha idade na que aparecen as perrenchas, cal é o motivo delas?

CONTRAPORTADA

Celebramos o Día Mundial da Auga, que este ano quere centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización, os conflitos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga. “Auga para as cidades”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 673

TíTULO: Educación e rural

DATA DE EMISIóN: 19 de marzo de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag