A Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, proposta como Dama da Orde da Alquitara de Portomarín

O Cabildo da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín propuxo que na próxima Festa da Augardente, que se celebrará o domingo de Pascua, se incorporen a esta agrupación doce Cabaleiros e tres Damas. A presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Marisol Fernández Rocha, será unha delas. Recibirán esta distinción, xunto a Marisol, o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, o director de De Luns a Venres, Alfonso Riveiro, o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García Borregón, o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, o de Arzúa, José Luis García López, o tenente de alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, o avogado Antonio Vázquez Portomeñe, o presidente da Asociación de Amigos do San Froilán de Barcelona, Manuel Fouce Díaz, o escritor Iago Pérez Santalla, o exdirector da banca Luis Mozo Aguilar, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias e a cosecheira local Milagros López López.

Esta distinción ven a recoñecer o traballo levado a cabo pola Fundación Preescolar na Casa en todos estes anos.

(Ver nova en El Progreso)

(Ver nova en La Voz de Galicia)

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag