O Consello Escolar Municipal do Concello de Lugo, A Mesa Galega de Educación no Rural, APEGA e outras institucións, con Preescolar na Casa

Na xuntanza do Consello Escolar Municipal do Concello de Lugo,  celebrada o día 9 de novembro de 2011, acordouse por unanimidade dos membros presentes comunicar o apoio deste Consello a PRESCOLAR NA CASA, polo seu excelente labor ao longo da súa traxectoria así como a  preocupación que orixina o descenso orzamentario que pode levar á súa desaparición.

Así mesmo, tamén recibimos apoio público da Mesa Galega de Educación no Rural, integrada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), Coordinadora Galega de CRAs, e CIG Ensino, CCOO, CSI-F, STEG, UGT, que denuncia o recorte por parte da Administración Auto­nómica a Preescolar na Casa, poñendo en perigo a continuidade das actuacións educativas en beneficio de nenos e nenas do medio rural e colectivos desfavorecidos.

A Asociación Profesional de Pedagog@s e Psicopedagog@s de Galicia (APEGA) tamén mostra o seu apoio ao traballo desenvolvido pola Fundación Preescolar na Casa, poñendo en valor a importancia da educación en familia.

Apoios que se suman aos moitos recibidos do profesorado das diferentes Universidades galegas e do resto do estado, como da Universidade de As Palmas, de ciclos de Educación Infantil, dos propios concellos e de Agrupacións políticas e veciñais de toda Galicia.

Todas estas mostras de apoio, xunto coas feitas a nivel persoal, que son moitas, emociónannos e danos moitos ánimos ao ver que o noso traballo non vai desencamiñado.

GRAZAS de verdade a todos, nunca nos cansaremos de dicilo.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag