Author Archive

O Programa Akal: Educación para o consumo

O Instituto Galego de Consumo, adscrito á Consellería de Economía e Industria oferta obradoiros de educación para o consumo. O programa Akal desenvólvese a través de actividades formativas organizadas cunha metodoloxía dinámica e participativa, coordinadas por persoal especializado. Ofertase, ademais un servizo de asesoramento en materia de educación para o consumo, así como materiais didácticos de apoio en réxime de préstamo.

Para obter máis información sobre o Programa Akal visita a páxina do Instituto Galego de Consumo.

Relatorios do Encontro Estatal “Educación para la Primera Infancia”, no que participou a Fundación Preescolar na Casa

O Ministerio de Educación publica na páxina web do  “Encuentro entre entidades locales: Educación para la Primera Infancia”, celebrado en Madrid en octubre de 2010, as intervencións de distintos relatores, entre as que se atopa a realizada pola Fundación Preescolar na Casa.

A través desta páxina pódese acceder a intervencións xerais sobre as necesidades da infancia e formas de intervir, así como a experiencias concretas.


Actividades de dinamización lingüística para familias con nenas e nenos ata 18 anos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do programa Bocaberta, desenvolve actividades de dinamización lingüística para nenas e nenos de ata 18 anos en diferentes concellos de Galicia.

A información máis completa sobre datas e lugares de celebración das mesmas pode verse na páxina web da Secretaría Xeral.

Novas publicacións da Fundación Bernard van Leer sobre a infancia

A Fundación holandesa Bernard van Leer ven de publicar  Espacio para la infancia, nº34, baixo o título “Los niños pequeños en las ciudades: desafíos y oportunidades”;  responde á necesidade de entender mellor un dos tres obxectivos estratéxicos da Fundación: mellorar o contorno físico no que viven os nenos pequenos, e neste caso, as distintas características dos contornos urbanos que inciden sobre o desenvolvemento físico e mental dos nenos pequenos ao longo das súas vidas.

No novo exemplar de La primera infancia en perspectiva, que constitúe o número 6 desta serie, da mesma Fundación, co título “Cultura y aprendizaje”, reflexiona sobre  en qué medida se deben entender o desenvolvemento e a aprendizaxe como procesos culturais que varían dunha comunidade a outra e dunha sociedade a outra e ata qué punto se trata, en cambio, de procesos naturais que seguen sendo os mesmos para tódolos nenos e en todas partes. Nesta edición, preséntanse cuestións trascendentais con incidencia nas políticas acerca do lugar que ocupa a cultura nos programas dirixidos á primeira infancia e, da mesma maneira, a función que ditos programas desempeñan na vida cotiá dos nenos pequenos, as súas familias e comunidades.

Estes exemplares poden solicitarse de forma gratuíta ou descargarse en formato pdf na páxina web da Fundación Bernard van Leer.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Enquisas

Consideras que Preescolar na Casa é un programa necesario?

View Results

Loading ... Loading ...
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag