Posts Tagged ‘Xornadas’

Xuntanzas de Convivencia en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Un ano máis, os pais, nais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias da provincia de Ourense, reuniranse nas diferentes Xuntanzas de Convivencia que se organizan en distintas comarcas desta provincia. (Ler noticia en La Región).

A primeira será este venres, día 10, en Vilariño de Conso, na área recreativa (Ver nova concreta desta xuntanza). Na semana seguinte faranse en Rioseco, no concello de Paderne de Allariz, o día 14, e o día 16, na Bola, na área recreativa de Veiga.

Haberá actividades pensadas para que compartan nenos e adultos: espazos de xogo, de contos e lectura e diversos obradoiros. A música e a reciclaxe tamén terán cabida nestas xornadas.

A intención destas xuntanzas é a de facilitar o encontro de tódalas nais, pais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias na zona, pero haberá sitio tamén para as que non participan teñan a posibilidade de coñecer o programa desenvolvido pola Fundación.

Continúan as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

Este sábado 26 de marzo continúan no Salón de Actos da Escola de Maxisterio de Lugo as I Xornadas “Unha mirada á primeira infancia”, continuación da celebrada o pasado 12 de marzo. “Educando na Infancia e na adolescencia”, unha premisa que a Fundación Preescolar na Casa, a Fundación Santa María e a Escola de Maxisterio de Lugo queren levar a cabo para acadar unha sociedade xusta e solidaria. E para isto, a educación ten que ser o camiño. Os obxectivos desta xornada serán analizar as necesidades da infancia, reflexionar sobre a imaxe da mesma, afondar nas respostas ás necesidades globais da infancia 0-6 e de colectivos específicos e sensibilizar cara á necesaria colaboración dos diferentes axentes relacionados coa infancia.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ser un foro para reflexionar sobre a infancia; un tempo e un espazo para analizar a realidade, para situar as necesidades dos nenos e das nenas. A través da presentación de diversas experiencias poderemos visualizar un modelo de intervención educativa acorde coas necesidades actuais, analizando a resposta que se Read the rest of this entry »

A educación do neno ata os 6 anos é clave na súa vida

Máis de 200 profesores, estudiantes e pais analizaron en Lugo o papel da escola e a familia na sociedade. Ler artigo publicado en La Voz de Galicia sobre as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia celebrada en Lugo o 12 de marzo.

Mirar á infancia

O éxito da convocatoria das I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia, esgotadas as 200 matrículas días despois de iniciarse o prazo, evidencia unha realidade: precisamos mirar á infancia para saber cara onde camiñamos como sociedade. Os nenos son o futuro dos pobos, pero tamén o presente; mirar ben á infancia, interpretala de forma que respondamos axeitadamente as súas necesidades, axudará a que nenos e nenas medren Read the rest of this entry »

Aberto o prazo de inscrición das I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Dende o día 4 de febreiro, e ata o 4 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia que terán lugar en Lugo os días 12 e 26 de marzo, organizadas pola Fundación Santa María, a Fundación Preescolar na Casa e a Universidade de Santiago de Compostela. Pódese facer simplemente cubrindo este cuestionario. Máis información sobre estas xornadas aquí.

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

A Fundación Preescolar na Casa, a Fundación SM e a Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC, organizan estas primeiras xornadas coas que, baixo o título Unha mirada á primeira infancia, se inicia un ciclo de debate centrado nos primeiros anos  que se pretende teña continuidade noutras xornadas que abordarán as etapas da infancia (6-12) e adolescencia (12-16).

Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, por ser a base da educación e desenvolvemento das persoas.

Como se concreta no Programa Unha mirada á primeira infancia, faremos unha análise da resposta que estamos dando ás necesidades dos nenos, a nivel global (políticas de infancia) e desde contextos particulares (familia, escola, comunidade); queremos elaborar unha visión da infancia desde as súas necesidades e as súas competencias, que nos leven a definir e comprender modos de intervención acordes coas mesmas, e respectuosos coas distintas realidades actuais (inmigración, novas tipoloxías familiares,…). 

As persoas interesadas nesta temática poden inscribirse a partir do día 4 de febreiro a través da páxina web da Fundación Santa María.

Ver reseña na Revista Galega do Ensino, EDUGA, editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag