Posts Tagged ‘Xornadas’

Conclusións II XORNADAS … Repensando a educación entre os 6 e 12 anos (Lugo, marzo de 2012)

A etapa de primaria,  dos seis aos 12 anos, non é unha etapa de paso, de latencia. Ten sentido en si mesma. “Etapa máxica” que permite que o neno, a nena se desenvolvan en plenitude. Unha etapa na que se desenvolven funcións executivas básicas: tomar decisións, planificar, centrar a atención… así como o desenvolvemento de valores e a capacidade de empatía, esencial para poder convivir en harmonía cun mesmo e cos demais.

Porque na vida, como na educación. non se pode andar con ideas preconcebidas e actuar en función delas, porque  corremos o risco de deixar de sorprendernos e de permitir que pasen cousas interesantes,… Favorecer a educación e o desenvolvemento das persoas…

(Pica nesta ligazón para ler as conclusións completas)

(Ver nova en La Voz de Galicia)

Lectura das conclusións das II Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Vídeo da lectura das conclusións das II Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia, celebradas en Lugo en Marzo de 2012 e organizadas pola Fundación SM, a Fundación Preescolar na Casa e a Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (USC). Falan Celia Armesto, Ana Torres, Fran Candia e Marisol Fernández Rocha.

Remataron as II Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Esta fin de semana tivo lugar a segunda xornada “Repensando a educación entre os 6 e 12 anos”. Foi un pracer este sábado poder escoitar no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo a poñentes como Gonzalo Martínez ou Carmen Morán, as fermosas experiencias do CEIP As Mercedes de Lugo e do CEIP Valle-Inclán de Oleiros, a de Sabela Díaz da Escola de Lago do CRA de Valdoviño e a de Sabela Rodríguez do CPI de A Picota de Mazaricos. Experiencias no que se pon en valor a participación da familia na educación.

Estas xornadas, organizadas pola Fundación SM, a Fundación Preescolar na Casa e a Facultade de Formación do Profesorado de Lugo foron continuación do ciclo iniciado o curso pasado coas xornadas “Unha mirada á primeira infancia”, centradas no período 0-6 e que terán a súa conclusión o vindeiro curso cunhas xornadas centradas na adolescencia.

Galería de imaxes:

Este sábado 10 de marzo, seguen as Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Este sábado, 10 de marzo, no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, terá lugar a segunda xornada de “Repensando a educación entre os 6 e 12 anos”, continuación da do sábado anterior. Este ciclo de debate e reflexións, “Educando na infancia e na adolescencia”, iniciouse o curso pasado coas xornadas “Unha mirada a primeira infancia”, centradas no período 0-6.
Trátase de analizar e debater sobre a educación nos anos da primaria, para concretar luces e sombras… retos que as novas realidades presentan, para coñecer e afondar en alternativas e propostas que xa se están realizando. Tentaremos facer unha análise que nos permita situar as necesidades das nenas e nenos xunto co modelo de persoa que queremos educar e a realidade social e educativa actual: como se da resposta na familia e na escola e cales son os aspectos que son imprescindibles repensar. E, por suposto, coñecer boas prácticas que se están desenvolvendo ao respecto.
Educando na infancia e na adolescencia terá continuidade no 2013, centrándose na educación na adolescencia.
O programa do sábado será o seguinte:
10.00h: Conferencia: Educación en valores a través da inclusión. Gonzalo Martínez, Psicólogo e
Orientador escolar, Colegio Claret-Segovia.
11.15h: Descanso.
11.45h: Panel de experiencias: Practicando os valores.
- Os valores fronte as diferentes capacidades. CEIP Das Mercedes-Lugo.
- Os valores fronte as diferenzas culturais. José Antonio Martínez González e María Luisa Barros Fernández. Director e Xefa de estudos, CEIP Valle-Inclán, Oleiros-A Coruña.
16.00h: Conferencia: A educación como proxecto compartido. Carmen Morán, Profesora na Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.
17.00h: Descanso
17.15h: Panel de experiencias: Practicando a educación en común.
- Comunidade de aprendizaxe. Mª Teresa Kaltzakorta. Directora Escuela /Eskola Pública
Zaldupe-Ondarroa (Bizkaia)
- A familia e o departamento de orientación. Sabela Rodríguez, CPI da Picota, Mazaricos.
A Coruña.
19.30h: Conclusións.
20.00h: Remate da xornada.

Estas xornadas son organizadas pola Fundación SM, Fundación Preescolar na Casa e a Facultade de Formación de Profesorado de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela.

Estamos aquí por unha boa causa: pola educación


Reproducimos as palabras da Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Marisol Fdez. Rocha no Acto de Inauguración das II XORNADAS EDUCANDO NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA celebradas na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo o día 3 de marzo.

Bo día e graciñas por estar:

Convócasenos aquí para repensarmos a educación entre os 6 e os 12 anos.

Recibimos como un agasallo, como un recoñecemento, e polo tanto con gratitude, que a Fundación SM teña contado con Preescolar na Casa para organizar en Lugo estas Xornadas que, como sabedes, comezaron aquí o ano pasado, arredor destas datas, cunha “mirada á primeira infancia”; continúan este ano con “repensando a educación entre os 6 e os 12 anos” e continuarán no 2013, centrándose na educación na adolescencia.

Gratitude tamén ós relatores, ós conferenciantes, que van compartir con nós o seu saber, as súas reflexións.

Gratitude ós que nos van mostrar as súas experiencias que imos ter despois de cada conferencia e que van contribuír a visualizar “a práctica da teoría” e polo tanto aportar, igualmente, elementos para a reflexión.

Gratitude a este Centro que nos acolle, na persoa do seu Director -D. Francisco Rodríguez Lestegás-, que nos acompaña nesta mesa, e a todos e todas os que levades días traballando para que todo se desenvolva da mellor maneira posible.

E graciñas a todos e a todas por vir. Estamos aquí por unha boa causa, pola educación.

Estamos aquí porque Read the rest of this entry »

Repensando a educación

Onte tivo lugar a primeira xornada “Repensando a educación entre os 6 e 12 anos”, que continúa o ciclo iniciado o curso pasado coas xornadas “Unha mirada a primeira infancia”, centradas no período 0-6.

Unhas 150 persoas tivemos a sorte de escoitar no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo a prestixiosos poñentes e a experiencias innovadoras de ámbito estatal. Así, a pedagoga andaluza Elisa Cano falou dos retos a abordar nesta etapa educativa, mentres que Begoña Ibarrola afondou nun tema tan importante como abandonado na educación que é a educación emocional. Nesta liña de educación integral, coñecemos o bo facer do CEIP El Martinet de Ripollet da man de Meritxell Donas, a experiencia “Vivir xuntos, convivir” con Carmen Díaz Simón, e a filosofía para nenos de Carmen Loureiro. Un verdadeiro pracer.

Esta xornada, organizada pola Fundación SM, a Fundación Preescolar na Casa e a Facultade de Formación do Profesorado de Lugo continuará o seguinte sábado, 10 de marzo, con outras intervencións que esperemos sexan tan interesantes e produtivas coma estas.

Este sábado, a primeira xornada de Repensando a educación entre os 6 e os 12 anos

Este sábado 3 de marzo, no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (Avda, Ramón Ferreiro, s/n) terá lugar a primeira xornada de “Repensando a educación entre os 6 e 12 anos”, que continúa o ciclo de debate e reflexións Educando na infancia e na adolescencia, que se iniciou o curso pasado coas xornadas Unha mirada a primeira infancia, centradas no período 0-6.

A Fundación SM, Fundación Preescolar na Casa, Facultade de Formación de Profesorado de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela organizan estas Xornadas que este sábado teñen o seguinte programa:

10.00h: Recepción e entrega de documentación.

10.30h: Inauguración. Presentación das xornadas.

10.45h: Conferencia: Mirada á educación de 6 a 12 anos: retos a abordar. Elisa Cano, Pedagoga e Logopeda.

12.15h: Descanso.

12.45h: Panel de experiencia: Un modelo de educación que ten en conta as necesidades da infancia. CEIP El Martinet, Ripollet, Barcelona.

16.00h: Conferencia: Educación emocional: Begoña Ibarrola, Psicóloga, especialista en intelixencia emocional, autora de literatura infantil e xuvenil.

17.00-17.30h: Descanso.

17.30h: Panel de experiencias: Practicando as emocións:

- Vivir xuntos, convivir. Mª Teresa Sánchez Barreira. Orientadora, CEIP Rosalía de Castro. Lugo.

- Filosofía para nenos. Carmen Loureiro. Orientadora, IES Illa de Arousa. Pontevedra.

20.00h: Remate da xornada.

Os OBXECTIVOS da mesma son:

• Analizar a situación actual da educación referida a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

• Reflexionar sobre a persoa que queremos educar.

• Afondar nas dificultades que se presentan na educación 6-12 e nas súas posibles respostas.

• Sensibilizar cara á necesaria colaboración entre os diferentes axentes relacionados coa infancia.

• Coñecer experiencias de actuación concretas que respondan á diversidade da sociedade actual (inmigrantes, atención educativa específica, conflitividade e xestión das emocións,…).

Estilos educativos e prácticas parentais

Este venres día 24 de febreiro tivo lugar en Lugo unha xornada de formación do equipo de orientadores e orientadoras de Preescolar na Casa, co título de “Estilos educativos e practicas parentais”.
Ao longo da mañá, reflexionouse sobre actitudes e comportamentos parentais, e a súa influencia no desenvolvemento dos nenos e nenas. Tamén se incidiu en coñecer a influencia de diferentes factores relacionados cos nenos e os seus proxenitores nos estilos e comportamentos parentais.
Olaia González Díaz, psicóloga e orientadora da Fundación Preescolar na Casa fixo a exposición sobre o tema que deu lugar ao posterior debate.

Xornada Estilos Educativos

Xornada Estilos Educativos

Preescolar na Casa nas Xornadas en torno á custodia compartida

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Asociación Galega de Pais e Nais Separados organizan para os vindeiros 22 e 29 de Outubro, na Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo, as XORNADAS EN TORNO Á CUSTODIA COMPARTIDA , ENFOQUE MULTIDISCIPLINAR.

O incremento das rupturas familiares e a nova realidade que isto provoca nos nenos e nenas é o tema central destas xornadas nas que, desde un enfoque centrado nas necesidades dos nenos e nenas, se analizará a oportunidade da custodia compartida. Nestes momentos estase a asistir a unha modificación da Lei de Dereito Civil de Galicia que, en materia de familia, podería incluír a figura da “custodia compartida” outras veces denominada coparentalidade ou corresponsabilidade parental como modelo preferente. Dado o alcance e relevancia social desta realidade, considérase necesario constituír un espazo de encontro no que se aborde, dende unha perspectiva plural e multidisciplinar (científica, social, xurídica, etc.), por persoas expertas que porán en común as súas ideas e experiencias, o tema da “custodia compartida”. Á súa vez, as exposicións teórico-prácticas combinaranse coa realización de diversas actividades de contido práctico, como a simulación dunha mediación escolar, intrafamiliar ou dun proceso de familia.

Preescolar na Casa está invitada a participar na Mesa redonda A familia e a escola na educación do neno e da nena, que terá lugar o sábado 22 ás 9.30h.

Divertimento e aprendizaxe en Friol

Este luns día 13, a partir das 11:00 xuntaranse en Friol, Lugo, nais, pais, nenos e nenas dos Espazos das Familias da zona,  nunha xornada de convivencia, goce, divertimento e aprendizaxe. Haberá actividades para todos e todas, organizadas por rincóns. Os rincóns da auga, o da area, a zona de psicomotricidade, o rincón da música, o dos contos, o espazo dos bebés, …, farán neste día máis divertida e enriquecedora a tarefa de ser nai e de ser pai.

Unha xornada moi similar terá lugar en Guntín o xoves día 16.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag