Posts Tagged ‘saúde mental’

Hiperactividade e déficit de atención (Programa nº 705 na TVG)



Hoxe falaremos de hiperactividade e déficit de atención con Manuel Armas, especialista en trastornos de conduta do equipo de orientación específica de A Coruña. A incidencia deste trastorno aumentou asombrosamente nas últimas décadas entre a poboación infantil dos países occidentais. Vivimos nun estado de aceleración permanente nunha sociedade na que esiximos moito aos fillos, sen respectar os seus tempos e os seus ritmos. Hiperactividade e déficit de atención. Read the rest of this entry »

Dislexia (Programa nº 665 na TVG)

Podes ver o programa aquí. A dislexia é un trastorno da aprendizaxe que afecta á principal ferramenta de acceso ao coñecemento: a lectura. Estímase que en España, a porcentaxe de persoas que a padecen chega ao 5%. Hoxe estará connosco no programa Carmela Díaz, presidenta de AGADIX, a Asociación Galega de Dislexia para falarnos deste trastorno e das solucións do mesmo, solucións que pasan Read the rest of this entry »

Colaboración entre a Asociación de “Axuda ao Enfermo Mental A Mariña” e a Fundación Preescolar na Casa

Con motivo de achegar información ás familias sobre a saúde mental dos nenos, e de dar a coñecer a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, nace a colaboración entre a devandita Asociación e o programa Preescolar na Casa, en forma de sesións informativas ás familias participantes nos Espazos das Familias da Fundación Preescolar na Casa.

Estas sesións informativas constan de dous bloques: no primeiro fálase de termos relacionados coas enfermidades mentais, as súas causas e que comportamentos podemos observar nos nenos que nos alerten de que, cando menos, algo non está ben ou que pode ser o indicio dun trastorno Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag