Posts Tagged ‘rural’

Somos acó

Documental que denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da Administración. Tamén amosa a esperanza e a loita destas familias para defender o rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro. Foi rodado no verán de 2012 na montaña de Lugo e na cidade de Compostela froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os diversos coleitivos afectados polas políticas desmanteladoras da administración.

Protesta polos recortes no rural

Mañá 12 de setembro terá lugar unha concentración e posterior manifestación en Santiago de Compostela, convocada pola Coordinadora Galega de Anpas do Rural, recentemente constituída. Lembrarase os graves axustes da Xunta, que “inciden directamente no deterioro da calidade da educación, afectando en maior medida aos centros educativos do rural”. Preescolar na Casa, tamén abocada ao peche por falta de recursos económicos que lle negou a Administración, súmase a esta iniciativa, por entender que se está a producir un grave deterioro na educación, sobre todo no que afecta ao rural galego. (Podes ver aquí o manifesto lido neste acto).

(Ver vídeo do acto)

(Ver cartel)

(Ver nova en Praza Pública)

Unha economía irracional para unha solución nefasta

Reproducimos un artigo de Alicia López Pardo, da Mesa Galega de Educación no Rural contra o indiscriminado peche de unidades escolares no medio rural galego e contra a desaparición de Preescolar na Casa. Neste mesmo sentido, creouse tamén a Plataforma pola Defensa da Montaña, un colectivo que nace co obxecto de loitar contra a eliminación de ditas unidades (ver nova en prensa):  

A barbarie parece non parar, sumadas ao peche do insubstituíble programa Preescolar na Casa chegan máis ameazas de supresión entre as contadas unidades de infantil e primaria que quedan nas zonas máis deprimidas demograficamente, como son as da montaña lucense.

Ante as opinións de defensa e fomento do medio rural que corren por Europa nestes críticos momentos nos que a situación do rural chega a límites do insostible, e ante os proxectos de dinamización económica que para o rural se anuncian, tamén a nivel de programas de fomento global da Comunidade Europea, é inconcibible como Administración Educativa Galega segue actuando cunha cegueira que Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa en Praga: alternativas ao despoboamento, envellecemento e transformacións rexionais

Este martes 28 de xuño Preescolar na Casa presentarase en Praga no marco

Illamento (PnC)

Illamento (PnC)

da conferencia “Cambio Demográfico en Europa. Solucións para a educación, aprendizaxe permanente e mercado de traballo”.  A nosa compañeira Celia Armesto será quen se encargue de facer esta presentación nunha mesa na que se expoñerán experiencias doutras rexións da Unión Europea.

O programa de Preescolar na Casa forma parte deste panel de experiencias despois de pasar un proceso de selección en Wroclaw, Polonia. Daquela foi a experiencia mellor valorada das 30 presentadas.

A conferencia intégrase no Proxecto DART (Despoboamento, Envellecemento e Transformación Rexional), que busca deseñar unha estratexia que mellore a efectividade das políticas de desenvolvemento rexional. Con este obxectivo identifícanse e analízanse prácticas que se desenvolven en rexións europeas afectadas por estas problemáticas. O traballo organízase en tres grupos: educación e formación ao longo da vida (no que participa Preescolar na Casa), atención sanitaria e economía. As conclusións que deriven deste intercambio de experiencias nestes tres ámbitos coñeceranse en 2012.

Preescolar na Casa na táboa redonda: “Educación, lingua e muller no rural galego actual”

Juan Antonio Pinto Antón, orientador da Fundación Preescolar na Casa partticipará mañá na táboa redonda “Educación, lingua e muller no rural galego actual”, dentro das Xornadas “Achegándonos ao medio rural: lingua, muller e dinámica social”. O acto terá lugar o 6 de abril ás 17:00 h. na Escola Universitaria de Formación do Profesorado. Participan ademais Isabel Vilalba Seivane, labrega e representante do CEIP de Lourenzá e Sabela Núñez Singala, profesora no IES da Pontenova.

Educación e rural (Programa nº 673 na TVG)

No estanque (Preescolar na Casa)

Podes ver o programa aquí. Falamos hoxe sobre o que significa educar no rural. O rural está a sufrir uns cambios importantes, que inciden na vida das persoas que o habitan. Poñer en valor o rural e as súas virtudes ten que ser un obxectivo prioritario de educadores e políticos. Porque o medio rural é un medio rico, un contexto cunha gran riqueza. Educar a un neno ou a unha nena no rural é ofrecerlle a posibilidade de descubrir por si mesmos e dunha Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag