Posts Tagged ‘promoción galego’

Contacontos en Pontevedra

O vindeiro xoves día 28 de abril ás 17:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra as familias participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa participarán nunha actividade de contacontos en colaboración co Consorcio Editorial Galego na súa Campaña para a Promoción da Lectura e a Creatividade para o curso 2010/2011.

Foto Mario Tomás


A actividade estará a cargo de Mario Tomás, profesional das artes escénicas desde 1990, con ampla experiencia contando historias, impartindo obradoiros e participando en máis de trinta montaxes teatrais.
Ao instalarse en Galicia Mario Tomás funda a Compañía de teatro Tirititempo, coa que segue a realizar a maior parte das súas actividades.
As sesións adáptanse aos participantes e desenvolveranse dun xeito interactivo, nunha duración variable en función das idades dos mesmos.
Historias sacadas dos libros e escenificadas buscando a colaboración dos nenos e nenas estimulando a súa imaxinación e fomentando o interese pola lectura.

A promoción da lingua na familia

O labor da Fundación Preescolar na Casa aparece recollido no Proxecto de Televisión en Internet da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A Fundación sempre destacou polo seu traballo de promoción da lingua galega no ámbito familiar. Preme aquí para ver a reportaxe.

Actividades de dinamización lingüística para familias con nenas e nenos ata 18 anos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do programa Bocaberta, desenvolve actividades de dinamización lingüística para nenas e nenos de ata 18 anos en diferentes concellos de Galicia.

A información máis completa sobre datas e lugares de celebración das mesmas pode verse na páxina web da Secretaría Xeral.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag