Posts Tagged ‘primeiros anos’
Ser autónomos, con Tonucci (Programa nº 709 na TVG)
Francesco Tonucci é un nome grande no mundo da pedagoxía. Mestre, pedagogo, escritor e debuxante, é capaz de plasmar a visión que do mundo teñen os máis pequenos. Aproveitando a súa presenza no XI Encontro de Familia e Escola fomos ata o Barco de Valdeorras a falar de nenos e nenas, de familia, de sociedade e de educación. A súa visión e as súas tentativas son moi próximas ás que temos en Preescolar na Casa. Tonucci é un lúcido pedagogo que analiza a infancia e ensina a mirar o mundo con ollos de neno Read the rest of this entry »
Os nenos e as pantallas
Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto Antón, da Fundación Preescolar na Casa, charlan con Flor Robleda sobre os nenos e as pantallas no programa de Telelugo “De tarde en tarde”.
I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia
A Fundación Preescolar na Casa, a Fundación SM e a Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC, organizan estas primeiras xornadas coas que, baixo o título Unha mirada á primeira infancia, se inicia un ciclo de debate centrado nos primeiros anos que se pretende teña continuidade noutras xornadas que abordarán as etapas da infancia (6-12) e adolescencia (12-16).
Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, por ser a base da educación e desenvolvemento das persoas.
Como se concreta no Programa Unha mirada á primeira infancia, faremos unha análise da resposta que estamos dando ás necesidades dos nenos, a nivel global (políticas de infancia) e desde contextos particulares (familia, escola, comunidade); queremos elaborar unha visión da infancia desde as súas necesidades e as súas competencias, que nos leven a definir e comprender modos de intervención acordes coas mesmas, e respectuosos coas distintas realidades actuais (inmigración, novas tipoloxías familiares,…).
As persoas interesadas nesta temática poden inscribirse a partir do día 4 de febreiro a través da páxina web da Fundación Santa María.
Ver reseña na Revista Galega do Ensino, EDUGA, editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Como inflúe o aprendido na infancia?
Preescolar na Casa defende que as vivencias acontecidas nas primeiras idades son fundamentais para a personalidade futura. Unha sociedade que se prece non debería escatimar en gastos para que a atención aos nenos e nenas sexa a mellor e máis axeitada posible, e a ser posible dende a propia casa e dende a propia familia, coas persoas que os queren e coidan. O pensador Eduardo Punset fala neste artigo publicado en XL Semanal de que “ata os sete anos, os nenos son o mellor exemplo dun departamento de I+D con gastos pagos, que non podemos abandonar a súa sorte se queremos sobrevivir”.









