Posts Tagged ‘obradoiros’

Nenos en emerxencia (Programa nº 679 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). Estamos a vivir tempos convulsos en moitos lugares do noso planeta: Xapón, Libia, Costa de Marfil e outros moitos países onde os que máis sofren son os nenos e nenas. E para axudar a estes pequenos en dificultades está UNICEF, que cun traballo avalado por moitos anos, chega para alí cubrir unhas necesidades básicas. De todo isto falaremos hoxe co Presidente de UNICEF Read the rest of this entry »

Familias inmigrantes en Galicia (Programa nº 676 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). Segundo o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, na nosa comunidade e non fai moito, tiñan certificado de residencia 71918 persoas de orixe estranxeiro. A inmigración é unha situación que crea tensión e que desestabiliza ás familias, o referente esencial que minimiza a incertidume e o risco social. Hoxe estará connosco Mar Lorenzo, do Departamento de Teoría da Educación da Facultade das Ciencias da Educación e coautora do estudio “Familias inmigrantes en Galicia, la dimensión Read the rest of this entry »

Consumo coidado (Programa nº 674 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Formamos parte dunha sociedade na que o consumo está presente no día a día das persoas, polo que é moi importante pararnos a pensar no modelo de consumo que ofrecemos aos nosos fillos e fillas. Falaremos de comercio xusto, de solidariedade, de ecoloxía e de educación. Read the rest of this entry »

O Programa Akal: Educación para o consumo

O Instituto Galego de Consumo, adscrito á Consellería de Economía e Industria oferta obradoiros de educación para o consumo. O programa Akal desenvólvese a través de actividades formativas organizadas cunha metodoloxía dinámica e participativa, coordinadas por persoal especializado. Ofertase, ademais un servizo de asesoramento en materia de educación para o consumo, así como materiais didácticos de apoio en réxime de préstamo.

Para obter máis información sobre o Programa Akal visita a páxina do Instituto Galego de Consumo.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag