Posts Tagged ‘música’
Concerto para bebés en Monforte
A Fundación Preescolar na Casa quixo achegar a música clásica á infancia cun concerto en directo o mes pasado en Monforte. Con estes concertos tratamos de contribuír a que nais, pais e fillos poidades gozar da música e descubrir a importancia que ten no desenvolvemento global das persoas, así como para axudar a nenas e nenos a desenvolver distintas capacidades como a sensibilidade auditiva e a gozar cos sons e coa música. Iste evento foi posible grazas á colaboración do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez e o patrocinio da Delegación de cultura do Concello de Monforte de Lemos. Agradecemos o seu esforzo a todas as persoas implicadas na organización do Concerto e a todos os que alí estivechedes, grazas.
Aquí tedes unhas fotos por si as queredes descargar:
Educación viaria (programa nº 682 na TVG)
Chega o verán e chega o tempo no que se producen moitos desprazamentos nos coches e vehículos en xeral. Por iso é importante ter presente os riscos que traen estes desprazamentos e a maneira de minimizalos. Por iso estará hoxe connosco no programa Pedro J. Pastor del Castillo, Xefe de Tráfico da provincia de A Coruña e Coordinador de Tráfico de Galicia Read the rest of this entry »
Música para a vida en Ortigueira
A Fundación Preescolar na Casa e a Escola de Música do Concello de Ortigueira, convencidos de que a música ten que ser imprescindible na vida das persoas, organizan este “Concerto para bebés” que se desenvolverá na Sala de Concertos da Escola o vindeiro sábado 4 de xuño. O concerto está dirixido a bebés entre 0 e 36 meses. Os Concertos terán lugar en dúas sesións:
1ª sesión (0 a 18 meses): de 17:00 a 17:30
2ª sesión (18 a 36 meses): de 17:30 a 18:00
As prazas son limitadas por sesión debido ao aforo da sala. No caso de que se completen as prazas, a Escola de Música fará máis sesións o propio día do Concerto para atender a tódalas solicitudes. O prazo de inscrición está aberto ata o día 3 de xuño. Para inscribirse, hai que facelo na propia Escola de Música ou chamando ao teléfono 981 402 432 de luns a venres de 16:00 a 21:30.
A Escola de Música proporcionará tamén o día do Concerto o uso da “Aula de Música e Movemento”, onde na entrada e na saída das sesións os bebés poderán xogar e experimentar o seu primeiro contacto cos instrumentos musicais.
Concerto para bebés en Monforte
Este martes 10 de maio, no Edificio Multiusos de Monforte celébrase o concerto para bebés que organiza a Fundación Preescolar na Casa, coa colaboración do Conservatorio Mestre Ibáñez. A actividade pretende ofrecer aos nenas e nenos a posibilidade de achegarse á música clásica.
Mestres e alumnos do conservatorio interpretarán movementos ou versións reducidas de obras clásicas, nun escenario que vai facilitar a interacción co público. Aconséllase que cada familia leve unha manta para que nenas e nenos poidan estar no chan, con liberdade para moverse. Os músicos desprazaranse entre eles para que ademais de escoitar, vexan, e mesmo toquen e manipulen, os distintos instrumentos.
Prevense dúas sesións de trinta minutos. A primeira, ás 16:30, para nenas e nenos ata os 18 meses. A segunda, ás 17:30, para os maiores desa idade.
A comunicación xoga un papel fundamental ó longo da vida das persoas. Especialmente nos primeiros anos, pois vai contribuír ao Read the rest of this entry »
A música e os nenos (Programa nº 664 na TVG)
Podes ver o programa aquí. Falamos da importancia da música e como a mesma nos fai mellores persoas. Para isto estará hoxe no programa Gloria Mosquera, mestra e membro do grupo Mamá Cabra, que acaba de sacar novo disco, “Ola, Ola, lá”. Porque a música non pode faltar no desenvolvemento dos máis pequenos.
Falaremos tamén de parentalidade positiva, un concepto moi de actualidade: pais e nais positivos son aqueles que atenden, potencian, guían e recoñecen aos seus fillos como persoas de pleno Read the rest of this entry »