Posts Tagged ‘lectura’

Familias participantes en Preescolar na Casa visitan hoxe a Biblioteca Nodal de Lugo

As familias que asisten aos espazos educativos de Preescolar na Casa en distintos concellos da provincia de Lugo visitarán hoxe a Biblioteca Nodal, na rúa Ramón Ferreiro de Lugo. A visita farase en dúas quendas: ás 11h. e ás 16h.
Acompañadas polas orientadoras de Preescolar na Casa, as familias farán un percorrido guiado polos distintos espazos do centro para coñecer con detalle os materiais e servizos que ofrece. Na sala infantil poderán gozar dun contacontos organizado pola biblioteca para recibir as nenas e nenos que participan no programa.
Esta actividade encádrase no obxectivo da Fundación Preescolar na Casa de achegar ás familias todos os recursos educativos que ofrece o contorno.

Fomento da lectura e divertimento na praia

Agora que chega o bo tempo, nais, pais, nenos e nenas participantes nos Espazos das Familas de Preescolar na Casa aproveitan para realizar distintas actividades ao longo de toda a xeografía galega. Así, na biblioteca de Ribadeo, realizáronse actividades de fomento da lectura, e está prevista para o día 21 unha convivencia no campamento infantil de A Devesa, convivencia á que acudirán as máis de 200 familias da zona que participan no programa (Ver noticia en El Progreso). (Ver noticia en La Voz de Galicia).

Realizouse tamén outra visita á biblioteca municipal de Alfoz cos mesmos obxectivos de fomento da lectura. (Ver noticia en La Voz de Galicia).

A lectura (Programa nº 668 na TVG)

Podes ver o programa aquí. É importante que os máis pequenos desenvolvan un sentimento afectivo cara a lectura. E nisto, a familia ten un papel fundamental, e para isto será necesario crear o ambiente físico e psicolóxico axeitado. A responsable da Área Infantil da Biblioteca Nodal de Lugo, Sabela Pérez, estará hoxe connosco para tentar darnos as claves Read the rest of this entry »

Contos da Ciclobiblioteca (Programa nº 663 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Comezamos o ano 2011 falando de contos e libros. A importancia da lectura é básica para o desenvolvemento de tódolos campos da vida e das sociedades. Porque a través dos libros e dos contos podemos emocionarnos, podemos aprender, e, como non, podemos Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag