Posts Tagged ‘igualdade de oportunidades’

Somos acó

Documental que denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da Administración. Tamén amosa a esperanza e a loita destas familias para defender o rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro. Foi rodado no verán de 2012 na montaña de Lugo e na cidade de Compostela froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os diversos coleitivos afectados polas políticas desmanteladoras da administración.

Preescolar na Casa como modelo pioneiro

Precisamente hoxe citan a Preescolar na Casa no xornal El Tiempo, de Bogotá (Colombia), presentando Preescolar na Casa como modelo pioneiro:

“Esta modalidad de educación dirige la atención pedagógica de los niños y jóvenes hospitalizados o en tratamientos médicos. Los programas de este tipo existen hace muchos años en Europa. El ejemplo pionero es Preescolar na Casa, una idea que el sacerdote Antonio Gandoy puso en marcha en 1977 en la fundación Cáritas Diocesana de Lugo (España). Su finalidad era disminuir el atraso considerable en la adquisición de destrezas escolares que tenían los niños en edad preescolar de las zonas rurales con respecto a los menores de edad de la ciudad…”

(Ver nova en El Tiempo.com”)

A Asociación Galega de Nais e Pais Separados, con Preescolar na Casa

Agradecemos o apoio público mostrado pola Asociación Galega de Nais e Pais Separados:

“Para nós, Preescolar na Casa ten un valor engadido xa que tal e como recomenda a Comunidade Europea defenden unha parentalidade positiva onde pai e nai teñen unhas funcións moi concretas e insubstituíbles. E neste asunto Preescolar na Casa tense pronunciado a favor da corresponsabilidade de pais e nais mesmo en situacións de separación e divorcio xa que é o único xeito en que os dereitos e os intereses superiores de nenos e nenas estean mellor defendidos (…) Non podemos prescindir da súa labor polo que pedimos e mesmo esiximos o mantemento do programa de Preescolar na Casa. De aí que apoiemos decididamente as mobilizacións que se leven a cabo na procura da restitución do seu papel nesta sociedade”. (Podes picar aquí para ver o texto completo).

Grazas unha vez máis por todos estes apoios.

Fomentando a Igualdade

A presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Ermitas Fernández, e a titular de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González, asinaron un convenio de colaboración para desenvolver un programa de formación no ámbito da igualdade e da prevención da violencia de xénero dirixido a nenas e nenos menores de 6 anos nas catro provincias galegas.

Fomentar a igualdade de xénero sempre foi un dos obxectivos do programa Preescolar na Casa dende os seus inicios. A igualdade entre homes e mulleres é unha necesidade e unha reivindicación constante na nosa sociedade. Pódese consultar máis información aquí.

Falamos de coeducación

Falando de coeducación no programa de Telelugo “De tarde en tarde”. Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto charlan con Diana López.

Preescolar na Casa na táboa redonda: “Educación, lingua e muller no rural galego actual”

Juan Antonio Pinto Antón, orientador da Fundación Preescolar na Casa partticipará mañá na táboa redonda “Educación, lingua e muller no rural galego actual”, dentro das Xornadas “Achegándonos ao medio rural: lingua, muller e dinámica social”. O acto terá lugar o 6 de abril ás 17:00 h. na Escola Universitaria de Formación do Profesorado. Participan ademais Isabel Vilalba Seivane, labrega e representante do CEIP de Lourenzá e Sabela Núñez Singala, profesora no IES da Pontenova.

Homes e educacion (Programa nº 667 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Ao longo da historia, a educación, sobre todo nos primeiros anos de vida, foi e aínda segue a ser na maior parte dos casos responsabilidade das mulleres. Entre outras moitas razóns, isto sucede e sucedeu porque é unha tarefa á que non se lle outorgou o prestixio social que se merece. É necesario, coñecer e recoñecer o importantísimo e verdadeiro valor que ten a atención e o coidado na vida das persoas. No programa de hoxe, José Antonio Expósito, orientador da Fundación Preescolar na Casa falará do papel do home na educación. Read the rest of this entry »

Falamos con Marta González, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia: EDUCAR É COEDUCAR

Educar é coeducar (Preescolar na Casa)

Educar é coeducar (Preescolar na Casa)

Marta González éa Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Nestes momentos, a Fundación Preescolar na Casa está a colaborar coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para difundir e traballar a igualdade de oportunidades entre ambos sexos. Falamos con ela sobre isto.

Que debemos entender por educar?

Educar non é soamente transmitir coñecementos, senón sobre todo transmitir valores. E entendendo por valores todas aquelas ferramentas e todas aquelas utilidades que as persoas, sexan home ou muller, neno ou nena, precisen para o seu futuro, ou para aspirar a desenvolver as súas capacidades. Basicamente creo que o obxectivo fundamental do ser humano é chegar a ser felices. Educar é moito máis que transmitir contidos en determinadas materias: é proporcionar ferramentas e sobre todo educar en valores para acadar persoas felices.

Ás veces cando falamos de educar en valores, de coeducación, …, non caemos na conta de que é falar de sentimentos Read the rest of this entry »

Apostando pola Igualdade

Apostando pola Igualdade (Preescolar na Casa)

Queremos facer visible nos Espazos Educativos coas familias e na sociedade  que a realidade que vemos e o mundo que vivimos ten dúas metades complementarias: a feminina e a masculina. Coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, queremos construír igualdade coas cousiñas pequenas que ofrece o día a día das familias, nas casas. Demasiadas veces a cara feminina da realidade é invisibilizada, Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag