Posts Tagged ‘igualdade’

Coeducación (Programa PnC na TVG nº 686)


Luisa González é directora do Centro de Información á Muller de Ribadeo. Dolores  García  é enfermeira. As dúas pertencen ao Observatorio da Mariña pola Igualdade, e hoxe están no noso programa para falar de coeducación. Queremos saber como podemos superar os estereotipos sexistas, como educar aos nosos fillos e fillas nas emocións e nos sentimentos. Queremos saber como podemos coeducar nas nosas familias e ser conscientes dos modelos que transmiten outros axentes sociais como escolas e medios de Read the rest of this entry »

Loita contra a violencia de xénero (Programa na TVG nº 685)


Aproveitando que como cada 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional Para a Eliminación da Violencia contra a Muller, están connosco Luisa González e Dolores García, do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Con elas falaremos da violencia contra a muller, dos nenos e das nenas que viven estas situacións de tensións. Luisa e Dolores nos van dar pistas para que as mulleres poidan saír dunha situación de maltrato, cales son os dereitos da muller vítima, e sobre todo onde acudir, é dicir, recursos Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa en Educar para previr

Desde o Centro de Información á Muller do concello de Ponteareas, pediuse a Fundación Preescolar na Casa que abordase o tema da violencia intrafamiliar e como evitar que esta se produza. Será dentro das Xornadas Educar para previr, que se desenvolverán en Ponteareas o próximo sábado día 22 de outubro.

O convite a estas Xornadas convértese nun recoñecemento a tarefa que a Fundación ven realizando en ámbitos moi diversos que teñen que ver coas relacións dentro da familia, cos valores, coa igualdade, coa resolución de conflitos… en definitiva, coa importancia da educación na familia como base para a prevención e para o desenvolvemento persoal san e equilibrado.

Fomentando a Igualdade

A presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Ermitas Fernández, e a titular de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González, asinaron un convenio de colaboración para desenvolver un programa de formación no ámbito da igualdade e da prevención da violencia de xénero dirixido a nenas e nenos menores de 6 anos nas catro provincias galegas.

Fomentar a igualdade de xénero sempre foi un dos obxectivos do programa Preescolar na Casa dende os seus inicios. A igualdade entre homes e mulleres é unha necesidade e unha reivindicación constante na nosa sociedade. Pódese consultar máis información aquí.

A lectura (Programa nº 668 na TVG)

Podes ver o programa aquí. É importante que os máis pequenos desenvolvan un sentimento afectivo cara a lectura. E nisto, a familia ten un papel fundamental, e para isto será necesario crear o ambiente físico e psicolóxico axeitado. A responsable da Área Infantil da Biblioteca Nodal de Lugo, Sabela Pérez, estará hoxe connosco para tentar darnos as claves Read the rest of this entry »

Falamos con Marta González, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia: EDUCAR É COEDUCAR

Educar é coeducar (Preescolar na Casa)

Educar é coeducar (Preescolar na Casa)

Marta González éa Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Nestes momentos, a Fundación Preescolar na Casa está a colaborar coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para difundir e traballar a igualdade de oportunidades entre ambos sexos. Falamos con ela sobre isto.

Que debemos entender por educar?

Educar non é soamente transmitir coñecementos, senón sobre todo transmitir valores. E entendendo por valores todas aquelas ferramentas e todas aquelas utilidades que as persoas, sexan home ou muller, neno ou nena, precisen para o seu futuro, ou para aspirar a desenvolver as súas capacidades. Basicamente creo que o obxectivo fundamental do ser humano é chegar a ser felices. Educar é moito máis que transmitir contidos en determinadas materias: é proporcionar ferramentas e sobre todo educar en valores para acadar persoas felices.

Ás veces cando falamos de educar en valores, de coeducación, …, non caemos na conta de que é falar de sentimentos Read the rest of this entry »

Apostando pola Igualdade

Apostando pola Igualdade (Preescolar na Casa)

Queremos facer visible nos Espazos Educativos coas familias e na sociedade  que a realidade que vemos e o mundo que vivimos ten dúas metades complementarias: a feminina e a masculina. Coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, queremos construír igualdade coas cousiñas pequenas que ofrece o día a día das familias, nas casas. Demasiadas veces a cara feminina da realidade é invisibilizada, Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag