Posts Tagged ‘familia’

Favorecendo o achegamento das familias á escola

Durante esta primeira quincena de xuño, moitos dos nais, pais, nenos e nenas

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa de distintas zonas de Galicia que se van incorporar á escola, están a realizar visitas aos distintos centros escolares onde se incorporarán no próximo mes de setembro. Trátase dunha actividade enriquecedora e positiva, moi valorada polas familias e polas propias institucións educativas, que ven nela un xeito de facilitar o período de adaptación, a convivencia na escola e a futura colaboración das familias. (Ao cole por primera vez (Fichas PnC “A aventura de crecer…”) )

A entrada na escola supón para os nenos e as nenas un paso decisivo. Comeza a escolaridade, que vai estar presente nas súas vidas cando menos ata os dezaseis anos.

Demasiados anos como para vivilos dun xeito negativo, polo que tanto pais e nais, coma mestres, mestras e institucións educativas en xeral debemos facer un esforzo para que esta etapa vital sexa vivida da mellor Read the rest of this entry »

Xuntanzas de Convivencia en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Un ano máis, os pais, nais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias da provincia de Ourense, reuniranse nas diferentes Xuntanzas de Convivencia que se organizan en distintas comarcas desta provincia. (Ler noticia en La Región).

A primeira será este venres, día 10, en Vilariño de Conso, na área recreativa (Ver nova concreta desta xuntanza). Na semana seguinte faranse en Rioseco, no concello de Paderne de Allariz, o día 14, e o día 16, na Bola, na área recreativa de Veiga.

Haberá actividades pensadas para que compartan nenos e adultos: espazos de xogo, de contos e lectura e diversos obradoiros. A música e a reciclaxe tamén terán cabida nestas xornadas.

A intención destas xuntanzas é a de facilitar o encontro de tódalas nais, pais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias na zona, pero haberá sitio tamén para as que non participan teñan a posibilidade de coñecer o programa desenvolvido pola Fundación.

Familia e benestar (Programa nº 681 na TVG)

Dende a Fundación Preescolar na Casa tentamos difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa da familia promovendo espazos educativos nos que se acompaña á mesma na aventura de crecer e no desafío de educar. Hoxe falamos con Susana López Abella, Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia da importancia da familia Read the rest of this entry »

Teatro de títeres

O Concello de Ribadeo invita a todas as familias de Preescolar na Casa dos concellos de Alfoz, Barreiros, Foz, Lorenzá, Ribadeo e Valadouro, a participar nunha función de teatro de títeres que terá lugar no auditorio “Hernán Naval” deste Concello o Mércores día 20 de Abril.

Filosofía para nenos (Programa nº669 na TVG)

Podes ver o programa aquí. A filosofía é o estudo dunha variedade de problemas fundamentais acerca de cuestións como a existencia, o coñecemento, a verdade, a moral, a mente, … O ser humano sempre quixo comprender a realidade da vida. Os nenos e as nenas, dende que nacen senten curiosidade por saber e coñecer os misterios da vida: porque morremos? por que queima o lume? por que non cae a lúa?… Isto lévanos a facernos unha pregunta: son as nenas e os nenos filósofos? Read the rest of this entry »

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

A Fundación Preescolar na Casa, a Fundación SM e a Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo-USC, organizan estas primeiras xornadas coas que, baixo o título Unha mirada á primeira infancia, se inicia un ciclo de debate centrado nos primeiros anos  que se pretende teña continuidade noutras xornadas que abordarán as etapas da infancia (6-12) e adolescencia (12-16).

Comezaremos polos primeiros anos, pola etapa 0-6, por ser a base da educación e desenvolvemento das persoas.

Como se concreta no Programa Unha mirada á primeira infancia, faremos unha análise da resposta que estamos dando ás necesidades dos nenos, a nivel global (políticas de infancia) e desde contextos particulares (familia, escola, comunidade); queremos elaborar unha visión da infancia desde as súas necesidades e as súas competencias, que nos leven a definir e comprender modos de intervención acordes coas mesmas, e respectuosos coas distintas realidades actuais (inmigración, novas tipoloxías familiares,…). 

As persoas interesadas nesta temática poden inscribirse a partir do día 4 de febreiro a través da páxina web da Fundación Santa María.

Ver reseña na Revista Galega do Ensino, EDUGA, editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Educar é educarse

Educar é un verbo que non se conxuga en singular. Somos seres sociais. Uns dependemos doutros. Outros coidan de nós, e nós coidamos deles. Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag