Posts Tagged ‘estimulación temperá’

Familia e benestar (Programa nº 681 na TVG)

Dende a Fundación Preescolar na Casa tentamos difundir unha cultura da infancia e reforzar a competencia educativa da familia promovendo espazos educativos nos que se acompaña á mesma na aventura de crecer e no desafío de educar. Hoxe falamos con Susana López Abella, Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia da importancia da familia Read the rest of this entry »

Concerto para bebés en Monforte

Concerto Preescolar na Casa e Conservatorio Mestre Ibáñez

Concerto Preescolar na Casa e Conservatorio Mestre Ibáñez

Este martes 10 de maio, no Edificio Multiusos de Monforte celébrase o concerto para bebés que organiza a Fundación Preescolar na Casa, coa colaboración do Conservatorio Mestre Ibáñez. A actividade pretende ofrecer aos nenas e nenos a posibilidade de  achegarse á música clásica.

Mestres e alumnos do conservatorio interpretarán movementos ou versións reducidas de obras clásicas, nun escenario que vai facilitar a interacción co público. Aconséllase que cada familia leve unha manta para que nenas e nenos poidan estar no chan, con liberdade para moverse. Os músicos desprazaranse entre eles para que ademais de escoitar,  vexan, e mesmo toquen e manipulen, os distintos instrumentos.

Prevense dúas sesións de trinta minutos. A primeira, ás 16:30, para nenas e nenos ata os 18 meses. A segunda, ás 17:30, para os maiores desa idade.

A comunicación xoga un papel fundamental ó longo da vida das persoas. Especialmente nos primeiros anos, pois vai contribuír ao Read the rest of this entry »

A estimulación temperá

Que entendemos por educación e estimulación temperá? Que podemos facer os pais para facilitar o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas? Que tipo de persoa queremos educar?… Reflexións arredor da apaixonante tarefa de educar ás fillas e fillos nos primeiros anos. Sara Paz, pedagoga e membro do equipo de Preescolar na Casa estará o martes 30 de novembro ás 19:30 no Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo para falar de todo isto, nunha charla enmarcada dentro do programa “Aprender para educar”, organizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a Asociación Socio-pedagóxica Galega.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag