Posts Tagged ‘escenarios educativos’

Favorecendo o achegamento das familias á escola

Durante esta primeira quincena de xuño, moitos dos nais, pais, nenos e nenas

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa de distintas zonas de Galicia que se van incorporar á escola, están a realizar visitas aos distintos centros escolares onde se incorporarán no próximo mes de setembro. Trátase dunha actividade enriquecedora e positiva, moi valorada polas familias e polas propias institucións educativas, que ven nela un xeito de facilitar o período de adaptación, a convivencia na escola e a futura colaboración das familias. (Ao cole por primera vez (Fichas PnC “A aventura de crecer…”) )

A entrada na escola supón para os nenos e as nenas un paso decisivo. Comeza a escolaridade, que vai estar presente nas súas vidas cando menos ata os dezaseis anos.

Demasiados anos como para vivilos dun xeito negativo, polo que tanto pais e nais, coma mestres, mestras e institucións educativas en xeral debemos facer un esforzo para que esta etapa vital sexa vivida da mellor Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa no Aquarium Finisterrae

O martes día 16, nais, pais, nenos e nenas participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa de Sarria, Láncara, Samos e Triacastela desprazaranse ata a provincia de A Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Rematarán o día na praia de Gandarío, nunha xornada chea de goce, lecer e aprendizaxe.

Divertimento e aprendizaxe en Friol

Este luns día 13, a partir das 11:00 xuntaranse en Friol, Lugo, nais, pais, nenos e nenas dos Espazos das Familias da zona,  nunha xornada de convivencia, goce, divertimento e aprendizaxe. Haberá actividades para todos e todas, organizadas por rincóns. Os rincóns da auga, o da area, a zona de psicomotricidade, o rincón da música, o dos contos, o espazo dos bebés, …, farán neste día máis divertida e enriquecedora a tarefa de ser nai e de ser pai.

Unha xornada moi similar terá lugar en Guntín o xoves día 16.

Xuntanzas de Convivencia en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Un ano máis, os pais, nais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias da provincia de Ourense, reuniranse nas diferentes Xuntanzas de Convivencia que se organizan en distintas comarcas desta provincia. (Ler noticia en La Región).

A primeira será este venres, día 10, en Vilariño de Conso, na área recreativa (Ver nova concreta desta xuntanza). Na semana seguinte faranse en Rioseco, no concello de Paderne de Allariz, o día 14, e o día 16, na Bola, na área recreativa de Veiga.

Haberá actividades pensadas para que compartan nenos e adultos: espazos de xogo, de contos e lectura e diversos obradoiros. A música e a reciclaxe tamén terán cabida nestas xornadas.

A intención destas xuntanzas é a de facilitar o encontro de tódalas nais, pais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias na zona, pero haberá sitio tamén para as que non participan teñan a posibilidade de coñecer o programa desenvolvido pola Fundación.

Encontro interxeracional: nenos e maiores xuntos

Hoxe 6 de xuño tivo lugar no Centro Social Maruja Mallo, do Concello de Lugo un encontro interxeracional no que participaron nais e nenos dos Espazos das Familias de Preescolar na Casa e as persoas maiores do Centro de Día Antonio Gandoy, xestionado por Alalás.

Tratábase de compartir tempo a redor dunha actividade na que puideran participar tanto os nenos coma as persoas maiores con menos mobilidade, así que se lles propuxeron diversas actividades de expresión plástica.  Sobre un mural compartido pintaron con pincel e esponxas. Logo pegaron sobre el papeis, plumas e fíos.  Máis aló do traballo coas mans, e do exercicio de creatividade, a actividade permitiulles aos nenos atopar o ritmo, máis pausado, dos maiores.

A experiencia foi satisfactoria e enriquecedora para tódalas partes, e abriu a porta a unha colaboración máis continuada entre a Fundación Preescolar na Casa e Alalás.

Música para a vida en Ortigueira

A Fundación Preescolar na Casa e a Escola de Música do Concello de Ortigueira, convencidos de que a música ten que ser imprescindible na vida das persoas,  organizan este “Concerto para bebés” que se desenvolverá na Sala de Concertos da Escola o vindeiro sábado 4 de xuño. O concerto está dirixido a bebés entre 0 e 36 meses. Os Concertos terán lugar en dúas sesións:

1ª sesión (0 a 18 meses): de 17:00 a 17:30

O neno pianista (Preescolar na Casa)

O neno pianista (Preescolar na Casa)

2ª sesión (18 a 36 meses): de 17:30 a 18:00

As prazas son limitadas por sesión debido ao aforo da sala. No caso de que se completen as prazas, a Escola de Música fará máis sesións o propio día do Concerto para atender a tódalas solicitudes. O prazo de inscrición está aberto ata o día 3 de xuño. Para inscribirse, hai que facelo na propia Escola de Música ou chamando ao teléfono 981 402 432 de luns a venres de 16:00 a 21:30.

A Escola de Música proporcionará tamén o día do Concerto o uso da “Aula de Música e Movemento”, onde na entrada e na saída das sesións os bebés poderán xogar e experimentar o seu primeiro contacto cos instrumentos musicais.

Concerto para bebés en Monforte

Concerto Preescolar na Casa e Conservatorio Mestre Ibáñez

Concerto Preescolar na Casa e Conservatorio Mestre Ibáñez

Este martes 10 de maio, no Edificio Multiusos de Monforte celébrase o concerto para bebés que organiza a Fundación Preescolar na Casa, coa colaboración do Conservatorio Mestre Ibáñez. A actividade pretende ofrecer aos nenas e nenos a posibilidade de  achegarse á música clásica.

Mestres e alumnos do conservatorio interpretarán movementos ou versións reducidas de obras clásicas, nun escenario que vai facilitar a interacción co público. Aconséllase que cada familia leve unha manta para que nenas e nenos poidan estar no chan, con liberdade para moverse. Os músicos desprazaranse entre eles para que ademais de escoitar,  vexan, e mesmo toquen e manipulen, os distintos instrumentos.

Prevense dúas sesións de trinta minutos. A primeira, ás 16:30, para nenas e nenos ata os 18 meses. A segunda, ás 17:30, para os maiores desa idade.

A comunicación xoga un papel fundamental ó longo da vida das persoas. Especialmente nos primeiros anos, pois vai contribuír ao Read the rest of this entry »

50 cousas que saber sobre os chegados de a pouco (Programa nº 677 na TVG)

1º día no hospital (Preescolar na Casa)

1º día no hospital (Preescolar na Casa)

(Podes ver o programa aquí). Cando un bebé chega ao mundo, aos pais e nais lles xorden moitas dúbidas. E se son pais por primeira vez, isto convértese en toda unha aventura. Como transcorre o día a día do bebé? Que se debe saber para non alarmarse innecesariamente? A que sinais hai que prestar atención?. Manuel Silveira, Pediatra e Xefe de Servizo de Pediatría do Hospital de Burela, Lugo, estará hoxe no noso programa para falarnos destas e outras Read the rest of this entry »

Conclusións das I Xornadas Educando na infancia e na adolescencia

As I Xornadas educando na infancia e na adolescencia: Unha mirada á primeira infancia, reuniron en Lugo, os días 12 e 26 de marzo a preto de 200 persoas, (a maior parte profesionais da educación, pero tamén nais e estudantes) que manifestaron, a través da súa alta satisfacción coas xornadas, a necesidade dunha resposta sistémica ás necesidades da infancia e da familia (Ver noticia publicada en La Voz de Galicia). A creación desta resposta precisa a implicación dos diferentes sectores da comunidade, para repensar as ofertas e modelos educativos que existen de acordo coas seguintes premisas Read the rest of this entry »

Memorias dun neno labrego (Programa nº 675 na TVG)

Portada Memorias dun neno labrego

Portada Memorias dun neno labego

(Podes ver o programa aquí). Xosé Neira Vilas non precisa presentación. Un escritor galego universal, autor dunha obra tamén universal, que este ano cumpre 50 anos da súa primeira publicación: Memorias dun neno labrego. Libro lido por varias xeracións de lectores, fala de Balbino, ese neno de aldea no que moitos se viron reflectidos. Hoxe falaremos con Neira Vilas, que amablemente abriu as portas da súa Fundación a Preescolar na Casa, para falar de Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag