Posts Tagged ‘educación dixital’

A Fundación TIC e a Fundación Preescolar na Casa asinan un convenio de colaboración

A Fundación TIC e a Fundación Preescolar na Casa asinaron un convenio de colaboración para a elaboración de produtos audiovisuais que difundan o labor educativo que desenvolve a nosa entidade. Firmaron o convenio os presidentes das dúas fundacións, José Ramón Gómez Besteiro e Mª Soledad Fernández Rocha, nun acto no que se destacou que “o labor de Preescolar na Casa é máis importante ca nunca debido ao grave problema de despoboamento no rural galego”.

(Máis información aquí)

Os nenos e as pantallas

Enriqueta Alonso e Juan Antonio Pinto Antón, da Fundación Preescolar na Casa, charlan con Flor Robleda sobre os nenos e as pantallas no programa de Telelugo “De tarde en tarde”.

Amigos da infancia (Programa nº 680 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). A Fundación Preescolar na Casa leva dende o ano 1977 loitando por acadar unha cultura da infancia e porque esta infancia sexa tida en conta na vida da sociedade. Por iso falamos hoxe tamén co Presidente de UNICEF Read the rest of this entry »

Informar, formar e entreter

O OCTA, Observatorio de Contidos Televisivos e Audiovisuais, vén de presentar o informe das vulneracións das televisións á Lei de Comunicación Audiovisual en materia de infancia. O informe é demoledor. (Pica aquí para ver noticias sobre o informe aparecidas en distintos medios de comunicación).

Un país democrático precisa dunha televisión que eduque. Precisa de todos e todas para desenvolverse. Pois Preescolar na Casa é un programa de televisión educativa. E quere seguir sendo televisión educativa polo menos outros 20 anos máis.

Nos diversos foros educativos e de televisión aos que temos asistido ao longo destes anos, recibimos un aplauso unánime e unha felicitación, extensiva á Televisión de Galicia, de que exista, dende hai 20 anos, un programa educativo semanal dedicado á infancia e Read the rest of this entry »

Educar no mundo dixital (Programa nº 660 na TVG)

Educando no mundo dixital (Preescolar na Casa)

Educando no mundo dixital (Preescolar na Casa)

Podes ver o programa aquí. Na sociedade na que vivimos, a educación no mundo dixital semella algo imprescindible. Ángeles Abelleira, mestra, estará hoxe connosco para abordar este tema, para falar sobre como introducir aos máis pequenos nas novas tecnoloxías Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag