Posts Tagged ‘educación’

Euros e rapaces no lixo

Deixamos un artigo publicado no diario El Progreso onde se cita a Preescolar na Casa:

Chegou cun pan baixo o brazo no mellor hospital para nacer: o Hula de Lugo. Na despedida do persoal especializado que lles atendeu, non se preocupan polo que costou chegar a este mundo. A eles nada, excepto os bombóns. Ao Estado, miles de euros.

O tempo voa e o neno xa ten dous anos. Foi moitas veces ao pediatra, cun amplo programa de vacinas e ata visitou a Uci por algo que non foi nada. A custe cero.

Agora está nunha Galiña Azul, aínda que non poderá contar co benemérito programa de parentalidade positiva, Preescolar na Casa, que irresponsables políticos borraron do mapa galego. Con tres anos entrará no colexio. Nove cursos nunha custosísima infraestrutura e mestres especializados. Comedor subvencionado. E sen pagar un euro, excepto o malgasto en Read the rest of this entry »

Cuestión de educación

Salvando as distancias que queiramos (España non é Finlandia), cómpre analizar con detalle o sistema educativo finés e aplicarnos algo do conto. Un pobo educado é un pobo libre. Pais e nais, escola e sociedade en xeral están implicados XUNTOS na educación de nenos e nenas:

Pica aquí para ver o programa Cuestión de Educación.

Cuestión de educación e cuestión de prioridades: cando en tempos de crise uns apostan polo investimento en educación como porta de saída á crise, outros, polo contrario.

A infancia como un suxeito de dereito

No ano 1959 proclámase polas Nacións Unidas a Declaración dos dereitos do neno unha declaración de principios que tiña forza moral pero non xurídica.  Trinta anos despois, no 1989 -20 de novembro- as Nacións Unidas aproban a Convención sobre os Dereitos do Neno, un texto xurídico vinculante, un texto que obriga ós Estados a adecuar as súas leis, os seus regulamentos.

Dicir que a infancia é un suxeito de dereito quere dicir que cada neno, cada nena, vale polo que é aquí e agora, independientemente da súa idade, que vale polo é e non polo que será.

Dicir que cada neno, cada nena, “vale polo que é e non polo que será” significa atendelo e entendelo no seu  “aquí e agora”.

Ese atender e entender no seu “aquí e agora” significa observar as súas tendencias e intereses para coñecer as súas necesidades e poder atendelas.

A necesidade de tocar, de coller “algo” nas mans obríganos a poñer ó seu alcance obxectos que poida agarrar, soltar, …; obxectos diferentes como  unhas castañas, unhas noces que colle e solta ó seu antollo e que poden servir para ir metendo nun tarro de boca ancha ou nun caixiña calquera, … Obxectos que están pola casa, que despertan o seu interese e que non representan nengún perigo, poden ser e son facilitadores de que o neno, a nena, sexan axentes do seu propio desenvolvemento. Cómpre ter moi en conta que “as estruturas do pensamento confórmanse pola acción”. É unha necesidade vital moverse, tocar, explorar, experimentar, tomar a iniciativa, … e temos que entender que “nada hai no entendemento que non teña pasado antes polos sentidos”.

As necesidades e os intereses van mudando coa idade e por iso cómpre estar atentos, observar, para mellor atender e entender.

Non temos que procurar que o neno ou a nena aprenda tal ou cal cousa porque tén que ir á escola. Temos que procurar que a aprenda porque está no momento de aprendela, porque pode aprendela, e nós facilitamos que así sexa. Apréndese aquilo que desperta o noso interese, por iso, “mentras dura o interese por unha cousa é o mellor momento de aprendela”. E isto serve para tódalas idades.

Dicir que a infancia é un suxeito de dereito quere tamén dicir que cada neno, cada nena, tén dereito a ter responsabilidades e a ter deberes, e non se lle dan. E isto tamén  é unha obriga nosa con respecto ós nenos e ás nenas.

Pensemos que canto máis valia un neno/a por sí mesmo/a, máis valerá no futuro. Para que iso sexa así, hai que tratalos con naturalidade, saber escoitar, deixarlles falar, estar ó seu lado e tratalos con respecto porque o neno que vive respectado, aprende a respectar.

E acompañémolos no seu proceso de aprender, valorando os seus éxitos  e sen dar importancia ós seus fracasos. Valorar os éxitos é o mellor camiño para que medre o interese por aprender. A fin de contas, a quen non quere aprender non hai mestre que lle ensine.

Marisol Fernández Rocha

Preescolar na Casa

Antía Cal no programa de TV (Programa nº 708 na TVG)



Hai 50 anos nacía en Vigo unha escola bilingüe, metade en castelán, metade en inglés. Esta escola vén de recibir o premio “Viguesa distinguida”. Trátase dun recoñecemento do Concello aos 50 anos de vida desta escola. Antía Cal foi a súa creadora, precursora pedagóxica e muller cunha andaina vital moi salientable, adiantada a súa época. Preescolar na Casa séntese moi honrado de poder falar con esta muller creadora dunha escola bilingüe, sen castigos, onde todos era iguais, un lugar onde non se adoutrinase. E onde o galego tamén estaba presente. Falamos con Antía Cal. Read the rest of this entry »

Antía Cal e Francesco Tonucci en Preescolar na Casa

Nestes días pasados, o Equipo de Comunicación da Fundación Preescolar na Casa tivo a sorte de facer sendas entrevistas a Antía Cal e a Francesco Tonucci, entrevistas que se poderán ver proximamente no programa de televisión que se emite na Televisión de Galicia.
Dous grandes persoeiros da educación polos que sentimos un fondo respecto e admiración, dúas persoas adiantadas ao s eu tempo e que foron pioneiros en temas de renovación pedagóxica e na súa maneira de entender a infancia. Recomendamos a todas aquelas persoas interesadas en temas educativos que vexan estas conversas.
(Ver nota en wikipedia sobre Antía Cal)
(Ver nota en wikipedia sobre Francesco Tonucci)

Antía Cal e Francesco Tonucci en Preescolar na Casa

Antía Cal e Francesco Tonucci en Preescolar na Casa

Educación de calidade (Programa nº 706 na TVG)



Volve a estar connosco María Dolores Candedo, Profesora de Pedagoxía Social da Universidade da Coruña e Presidenta de Nova Escola Galega. Falaremos con ela da importancia da educación para a mellora da sociedade. Falaremos de como acadar unha educación de calidade e compensadora de desigualdades. Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa no último acto da Semana de Acción Mundial pola Educación no IES Carlos Casares de Viana do Bolo

SAME no IES Carlos Casares, con PnC

SAME no IES Carlos Casares, con PnC

O venres 4 de maio tivo lugar no IES Carlos Casares de Viana do Bolo o último dos actos en Galicia da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Estiveron os coordinadores en España e en Galicia da Campaña Mundial pola Educación (CME 2012). Neste acto participou  tamén Preescolar na Casa levando un dos seus Espazos das Familias ao acto, para visibilizar a importancia da atención temperá e do importante papel de nais e pais na educación, nun modelo de parentalidade positiva.

O obxectivo da campaña deste ano é sensibilizar sobre a importancia da educación de 0 a 6 años no desenvolvemento das persoas e das grandes diferenzas no acceso á educación temperá segundo a orixe de cada un.

Para máis información pica aquí.

Pica aquí para ver fotos do acto.

Pica aquí para ver nova en La Región.

Preescolar na Casa, no acto da Semana de Acción Mundial pola Educación, en Madrid

PnC en Madrid na Semana Acción Mundial Educación

PnC en Madrid na Semana Acción Mundial Educación

Reproducimos aquí o texto que se leu no acto celebrado en Madrid co motivo da celebración da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Por parte de Preescolar na Casa participou a nosa compañeira Mª Carmen Carballo e Susana, unha nena participante nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa en Bembibre, Viana do Bolo.

En Galicia, por nuestra dispersión, sabemos de la dificultad de ofrecer una educación temprana que llegue a todos los niños y a todas las niñas. Programas como “Prescolar na Casa” se han encargado de colaborar con las familias en la educación de 0 a 3 años en aldeas localizadas en lugares alejados de muchos centros urbanos, siendo un elemento importante en la superación de desigualdades por lugar de origen. Ahora, que sobre el programa Prescolar na Casa, pesa una condena de desaparición, sabemos de la importancia que tiene la iguladad de oportunidades desde el principio, es decir, desde el nacimiento.

Precisamente por nuestro conocimiento, al estar en una de las zonas más desfavorables de Galicia, reclamamos que la educación infantil sea prioritaria en las políticas educativas de todo el planeta y, sobre todo, en los paises empobrecidos. Reclamamos que los proyectos de cooperación la tengan en cuenta porque, todas y todos, sabemos lo que significa. No queremos que la educación de 0 a 3 años sea la hermana pobre del proceso de formación de las personas, ni en Viana do Bolo, ni en Bermejo (Bolivia, con quien cooperamos desde el IES Carlos Casares, ni en ninguna parte del mundo.

Firma: Familas y Profesorado de Prescolar na Casa y voluntariado del IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Remataron as II Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

Esta fin de semana tivo lugar a segunda xornada “Repensando a educación entre os 6 e 12 anos”. Foi un pracer este sábado poder escoitar no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo a poñentes como Gonzalo Martínez ou Carmen Morán, as fermosas experiencias do CEIP As Mercedes de Lugo e do CEIP Valle-Inclán de Oleiros, a de Sabela Díaz da Escola de Lago do CRA de Valdoviño e a de Sabela Rodríguez do CPI de A Picota de Mazaricos. Experiencias no que se pon en valor a participación da familia na educación.

Estas xornadas, organizadas pola Fundación SM, a Fundación Preescolar na Casa e a Facultade de Formación do Profesorado de Lugo foron continuación do ciclo iniciado o curso pasado coas xornadas “Unha mirada á primeira infancia”, centradas no período 0-6 e que terán a súa conclusión o vindeiro curso cunhas xornadas centradas na adolescencia.

Galería de imaxes:

Estamos aquí por unha boa causa: pola educación


Reproducimos as palabras da Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Marisol Fdez. Rocha no Acto de Inauguración das II XORNADAS EDUCANDO NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA celebradas na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo o día 3 de marzo.

Bo día e graciñas por estar:

Convócasenos aquí para repensarmos a educación entre os 6 e os 12 anos.

Recibimos como un agasallo, como un recoñecemento, e polo tanto con gratitude, que a Fundación SM teña contado con Preescolar na Casa para organizar en Lugo estas Xornadas que, como sabedes, comezaron aquí o ano pasado, arredor destas datas, cunha “mirada á primeira infancia”; continúan este ano con “repensando a educación entre os 6 e os 12 anos” e continuarán no 2013, centrándose na educación na adolescencia.

Gratitude tamén ós relatores, ós conferenciantes, que van compartir con nós o seu saber, as súas reflexións.

Gratitude ós que nos van mostrar as súas experiencias que imos ter despois de cada conferencia e que van contribuír a visualizar “a práctica da teoría” e polo tanto aportar, igualmente, elementos para a reflexión.

Gratitude a este Centro que nos acolle, na persoa do seu Director -D. Francisco Rodríguez Lestegás-, que nos acompaña nesta mesa, e a todos e todas os que levades días traballando para que todo se desenvolva da mellor maneira posible.

E graciñas a todos e a todas por vir. Estamos aquí por unha boa causa, pola educación.

Estamos aquí porque Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag