Posts Tagged ‘contos’

Contacontos en Pontevedra

O vindeiro xoves día 28 de abril ás 17:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra as familias participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa participarán nunha actividade de contacontos en colaboración co Consorcio Editorial Galego na súa Campaña para a Promoción da Lectura e a Creatividade para o curso 2010/2011.

Foto Mario Tomás


A actividade estará a cargo de Mario Tomás, profesional das artes escénicas desde 1990, con ampla experiencia contando historias, impartindo obradoiros e participando en máis de trinta montaxes teatrais.
Ao instalarse en Galicia Mario Tomás funda a Compañía de teatro Tirititempo, coa que segue a realizar a maior parte das súas actividades.
As sesións adáptanse aos participantes e desenvolveranse dun xeito interactivo, nunha duración variable en función das idades dos mesmos.
Historias sacadas dos libros e escenificadas buscando a colaboración dos nenos e nenas estimulando a súa imaxinación e fomentando o interese pola lectura.

“Apoio educativo ás familias” con David Pernas (Compañía do Trinke Trinke), no Cefore de A Coruña

Relatorio de David Pernas

Relatorio de David Pernas

Durante o curso 2010/2011 as orientadoras da Zona Coruña Norte da Fundación Preescolar na Casa participan nun Grupo de Traballo a través do Cefore de A Coruña que leva como título “Apoio educativo ás familias”, co fin de afondar na preparación dos Espazos das Familias tentando mellorar non só os contidos dos mesmos senón tamén a metodoloxía empregada nesas sesións.

Para iso, o pasado venres día 24 de Marzo contaron coa presenza de David Pernas, compoñente da Compañía do Trinke Trinke, que nunha sesión fundamentalmente práctica amousoulles diversos aspectos a ter en conta á hora de contar contos.

Dende a Fundación Preescolar na Casa sabemos que os contos teñen un grande valor educativo por tódolos recursos que ofrecen, poñendo en valor os ámbitos de desenvolvemento dos nenos e nenas: o psicomotor, o afectivo, o cognitivo, o lingüístico…; ademais de axudar aos máis pequenos a coñecer o mundo que os rodea.

Contos da Ciclobiblioteca (Programa nº 663 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Comezamos o ano 2011 falando de contos e libros. A importancia da lectura é básica para o desenvolvemento de tódolos campos da vida e das sociedades. Porque a través dos libros e dos contos podemos emocionarnos, podemos aprender, e, como non, podemos Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag