Posts Tagged ‘consumo’

Consumo (Programa nº 707 na TVG)



Falamos con Mª Nava Castro, Presidenta do Instituto Galego de Consumo, organismo co que a Fundación Preescolar na Casa ven de asinar un convenio de colaboración, para a realización de actividades relacionadas coa formación para o consumo responsable na educación infantil. A función principal do IGC é a protección dos consumidores e consumidoras galegos, polo que todas as actividades que realiza están relacionadas coa defensa dos seus dereitos e intereses, recoñecidos Read the rest of this entry »

Convenio entre o Instituto Galego de Consumo e a Fundación Preescolar na Casa

No día de hoxe, nas instalacións do Instituto Galego de Consumo en Santiago de Compostela asinouse un Convenio Marco de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Fundación Preescolar na Casa para a realización de actividades relacionadas coa formación para o consumo responsable na educación infantil. Este convenio foi asinado polas presidentas das dúas entidades, Mª Nava Castro e Marisol Fernández Rocha. O Instituto Galego de Consumo e a Fundación Preescolar na Casa desenvolverán accións concretas para a información e a formación en materia de educación para o consumo responsable, de xeito que se contribúa á mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

Deixamos un pequeno video do acto:

Un día de agasallos, 365 de responsabilidade

O venres 23 de decembro ás 18:00 h., a Fundación Preescolar na Casa participará, xunto con outras asociacións, nunha actividade na Praza Maior de Lugo baixo o lema “Un día de agasallos, 365 de responsabilidade”. A idea será achegarse aos veciños de Lugo para que fagan un “alto” na dinámica de consumo esaxerado que se da nestes días, e facelo de xeito lúdico para que ademais de concienciar sobre o tema, se de a coñecer o traballo de cada unha das asociacións presentes, os obxectivos e a misión.

Consumo coidado (Programa nº 674 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Formamos parte dunha sociedade na que o consumo está presente no día a día das persoas, polo que é moi importante pararnos a pensar no modelo de consumo que ofrecemos aos nosos fillos e fillas. Falaremos de comercio xusto, de solidariedade, de ecoloxía e de educación. Read the rest of this entry »

O Programa Akal: Educación para o consumo

O Instituto Galego de Consumo, adscrito á Consellería de Economía e Industria oferta obradoiros de educación para o consumo. O programa Akal desenvólvese a través de actividades formativas organizadas cunha metodoloxía dinámica e participativa, coordinadas por persoal especializado. Ofertase, ademais un servizo de asesoramento en materia de educación para o consumo, así como materiais didácticos de apoio en réxime de préstamo.

Para obter máis información sobre o Programa Akal visita a páxina do Instituto Galego de Consumo.

Consumo responsable (Programa nº 662 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Chega o Nadal, e con el chega a furia consumista. Mercar comida, agasallos, xoguetes, …, algo que facemos case que compulsivamente nestas datas. E cómpre facelo con algo de cabeza. Para facelo así, estará hoxe no noso programa a Directora da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia, Esther Álvarez, coa que falaremos de consumismo e de Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag