Posts Tagged ‘colaboracións’

Fomento da lectura e divertimento na praia

Agora que chega o bo tempo, nais, pais, nenos e nenas participantes nos Espazos das Familas de Preescolar na Casa aproveitan para realizar distintas actividades ao longo de toda a xeografía galega. Así, na biblioteca de Ribadeo, realizáronse actividades de fomento da lectura, e está prevista para o día 21 unha convivencia no campamento infantil de A Devesa, convivencia á que acudirán as máis de 200 familias da zona que participan no programa (Ver noticia en El Progreso). (Ver noticia en La Voz de Galicia).

Realizouse tamén outra visita á biblioteca municipal de Alfoz cos mesmos obxectivos de fomento da lectura. (Ver noticia en La Voz de Galicia).

Favorecendo o achegamento das familias á escola

Durante esta primeira quincena de xuño, moitos dos nais, pais, nenos e nenas

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

Primeiro día de escola (Preescolar na Casa)

participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa de distintas zonas de Galicia que se van incorporar á escola, están a realizar visitas aos distintos centros escolares onde se incorporarán no próximo mes de setembro. Trátase dunha actividade enriquecedora e positiva, moi valorada polas familias e polas propias institucións educativas, que ven nela un xeito de facilitar o período de adaptación, a convivencia na escola e a futura colaboración das familias. (Ao cole por primera vez (Fichas PnC “A aventura de crecer…”) )

A entrada na escola supón para os nenos e as nenas un paso decisivo. Comeza a escolaridade, que vai estar presente nas súas vidas cando menos ata os dezaseis anos.

Demasiados anos como para vivilos dun xeito negativo, polo que tanto pais e nais, coma mestres, mestras e institucións educativas en xeral debemos facer un esforzo para que esta etapa vital sexa vivida da mellor Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa no Aquarium Finisterrae

O martes día 16, nais, pais, nenos e nenas participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa de Sarria, Láncara, Samos e Triacastela desprazaranse ata a provincia de A Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae. Rematarán o día na praia de Gandarío, nunha xornada chea de goce, lecer e aprendizaxe.

Encontro interxeracional: nenos e maiores xuntos

Hoxe 6 de xuño tivo lugar no Centro Social Maruja Mallo, do Concello de Lugo un encontro interxeracional no que participaron nais e nenos dos Espazos das Familias de Preescolar na Casa e as persoas maiores do Centro de Día Antonio Gandoy, xestionado por Alalás.

Tratábase de compartir tempo a redor dunha actividade na que puideran participar tanto os nenos coma as persoas maiores con menos mobilidade, así que se lles propuxeron diversas actividades de expresión plástica.  Sobre un mural compartido pintaron con pincel e esponxas. Logo pegaron sobre el papeis, plumas e fíos.  Máis aló do traballo coas mans, e do exercicio de creatividade, a actividade permitiulles aos nenos atopar o ritmo, máis pausado, dos maiores.

A experiencia foi satisfactoria e enriquecedora para tódalas partes, e abriu a porta a unha colaboración máis continuada entre a Fundación Preescolar na Casa e Alalás.

O papel dos avós na educación

Juan Antonio Pinto e Enriqueta Alonso falan no programa de Telelugo “De tarde en tarde” con Diana López sobre o papel dos avós e das avoas na educación dos máis pequenos. A presenza dos avós ao carón dos netos ten moitas vantaxes, aínda que ás veces pode traer algún pequeno inconvinte que cun pouco de sentidiño común se pode solucionar.

Música para a vida en Ortigueira

A Fundación Preescolar na Casa e a Escola de Música do Concello de Ortigueira, convencidos de que a música ten que ser imprescindible na vida das persoas,  organizan este “Concerto para bebés” que se desenvolverá na Sala de Concertos da Escola o vindeiro sábado 4 de xuño. O concerto está dirixido a bebés entre 0 e 36 meses. Os Concertos terán lugar en dúas sesións:

1ª sesión (0 a 18 meses): de 17:00 a 17:30

O neno pianista (Preescolar na Casa)

O neno pianista (Preescolar na Casa)

2ª sesión (18 a 36 meses): de 17:30 a 18:00

As prazas son limitadas por sesión debido ao aforo da sala. No caso de que se completen as prazas, a Escola de Música fará máis sesións o propio día do Concerto para atender a tódalas solicitudes. O prazo de inscrición está aberto ata o día 3 de xuño. Para inscribirse, hai que facelo na propia Escola de Música ou chamando ao teléfono 981 402 432 de luns a venres de 16:00 a 21:30.

A Escola de Música proporcionará tamén o día do Concerto o uso da “Aula de Música e Movemento”, onde na entrada e na saída das sesións os bebés poderán xogar e experimentar o seu primeiro contacto cos instrumentos musicais.

Nenos en emerxencia (Programa nº 679 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). Estamos a vivir tempos convulsos en moitos lugares do noso planeta: Xapón, Libia, Costa de Marfil e outros moitos países onde os que máis sofren son os nenos e nenas. E para axudar a estes pequenos en dificultades está UNICEF, que cun traballo avalado por moitos anos, chega para alí cubrir unhas necesidades básicas. De todo isto falaremos hoxe co Presidente de UNICEF Read the rest of this entry »

A Fundación Preescolar na Casa participa no magacín de Telelugo “De tarde en tarde”

Preescolar na Casa en "De tarde en tarde"

Preescolar na Casa en "De tarde en tarde"

A Fundación Preescolar na Casa participa cada quince días no magacín conducido por Diana López “De tarde en tarde”, de Telelugo, na sección “Aos pais e nais”, na que se abordan temáticas referentes á infancia e á educación nos primeiros anos. O pasado día 28 tratouse o concepto de infancia que debería ter a sociedade en xeral.

Contacontos en Pontevedra

O vindeiro xoves día 28 de abril ás 17:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra as familias participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa participarán nunha actividade de contacontos en colaboración co Consorcio Editorial Galego na súa Campaña para a Promoción da Lectura e a Creatividade para o curso 2010/2011.

Foto Mario Tomás


A actividade estará a cargo de Mario Tomás, profesional das artes escénicas desde 1990, con ampla experiencia contando historias, impartindo obradoiros e participando en máis de trinta montaxes teatrais.
Ao instalarse en Galicia Mario Tomás funda a Compañía de teatro Tirititempo, coa que segue a realizar a maior parte das súas actividades.
As sesións adáptanse aos participantes e desenvolveranse dun xeito interactivo, nunha duración variable en función das idades dos mesmos.
Historias sacadas dos libros e escenificadas buscando a colaboración dos nenos e nenas estimulando a súa imaxinación e fomentando o interese pola lectura.

Iniciativa en Ames: Preescolar na Casa en “Un café con…”

O día 24/11/2010, o concello de Ames, en colaboración coa ANPA MILLAPEQUES da EEI DE Milladoiro (Ames), contou con Preescolar na Casa para levar a cabo unha iniciativa chamada “Un café con…” que nesta ocasión trataba o tema dos xoguete e o xogo e como estimular a través deles a creatividade dos nenos.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag