Posts Tagged ‘colaboracións’

Preparándonos para a entrada na escola


Nenos, nenas, pais e nais dos Espazos das Familias de Preescolar na Casa achéganse ata a escola, para preparar ese paso tan importante e ás veces tan traumático que é a chegada de setembro cando os fillos teñen que incorporarse á escola por primeira vez. Trátase esta dunha actividade que a Fundación Preescolar na Casa ven facendo sistematicamente nos meses de maio e xuño.

Consumo (Programa nº 707 na TVG)



Falamos con Mª Nava Castro, Presidenta do Instituto Galego de Consumo, organismo co que a Fundación Preescolar na Casa ven de asinar un convenio de colaboración, para a realización de actividades relacionadas coa formación para o consumo responsable na educación infantil. A función principal do IGC é a protección dos consumidores e consumidoras galegos, polo que todas as actividades que realiza están relacionadas coa defensa dos seus dereitos e intereses, recoñecidos Read the rest of this entry »

A Fundación Preescolar na Casa asina un Convenio coa Deputación de Lugo

A Fundación Preescolar na Casa asina un convenio coa Deputación de Lugo para desenvolver o labor educativo na provincia de Lugo, tal e como se ven facendo dende hai xa 35 anos. En palabras do propio Presidente da Deputación, o noso programa é beneficioso en tres sentidos: “a educación, a fixación de poboación do rural e a creación de emprego”. Na firma do Convenio, que tivo lugar na sede de Preescolar na Casa en Lugo, estiveron o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Veiga, e a Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, Marisol Fernández Rocha. Agradecemos a confianza desta institución no noso traballo.

(Ver nova en prensa 1)

(Ver nova en prensa 2)

Familias participantes en Preescolar na Casa visitan hoxe a Biblioteca Nodal de Lugo

As familias que asisten aos espazos educativos de Preescolar na Casa en distintos concellos da provincia de Lugo visitarán hoxe a Biblioteca Nodal, na rúa Ramón Ferreiro de Lugo. A visita farase en dúas quendas: ás 11h. e ás 16h.
Acompañadas polas orientadoras de Preescolar na Casa, as familias farán un percorrido guiado polos distintos espazos do centro para coñecer con detalle os materiais e servizos que ofrece. Na sala infantil poderán gozar dun contacontos organizado pola biblioteca para recibir as nenas e nenos que participan no programa.
Esta actividade encádrase no obxectivo da Fundación Preescolar na Casa de achegar ás familias todos os recursos educativos que ofrece o contorno.

Convenio entre o Instituto Galego de Consumo e a Fundación Preescolar na Casa

No día de hoxe, nas instalacións do Instituto Galego de Consumo en Santiago de Compostela asinouse un Convenio Marco de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Fundación Preescolar na Casa para a realización de actividades relacionadas coa formación para o consumo responsable na educación infantil. Este convenio foi asinado polas presidentas das dúas entidades, Mª Nava Castro e Marisol Fernández Rocha. O Instituto Galego de Consumo e a Fundación Preescolar na Casa desenvolverán accións concretas para a información e a formación en materia de educación para o consumo responsable, de xeito que se contribúa á mellora da calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

Deixamos un pequeno video do acto:

Preescolar na Casa na onda


Nesta semana comezou o Espazo Educativo de radio que a Fundación Preescolar na Casa emite en Radio Principal Monforte e Vilalba, programa gravado nas instalacións da Fundación TIC en Lugo, en virtude dun convenio de colaboración entre ambas fundacións. Este programa vense a sumar ao que se emite na Radio Galega os domingos pola mañá, Un gran esforzo por parte da Fundación Preescolar na Casa para tentar achegar a toda a sociedade unha cultura da infancia. Un instrumento máis para promover a parentalidade positiva.

Preescolar na Casa en Radio Principal Monforte e Vilalba, os sábados ás 14:15h, e na Radio Galega, os domingos ás 8:30h.

Preescolar na Casa en “Lugo de Norte a Sur”

Reportaxe sobre Preescolar na Casa emitido en varios canles de televisión e radio locais, no programa informativo semanal de actualidade da provincia de Lugo, “Lugo de Norte a Sur”, realizado pola Fundación TIC.

A Fundación TIC e a Fundación Preescolar na Casa asinan un convenio de colaboración

A Fundación TIC e a Fundación Preescolar na Casa asinaron un convenio de colaboración para a elaboración de produtos audiovisuais que difundan o labor educativo que desenvolve a nosa entidade. Firmaron o convenio os presidentes das dúas fundacións, José Ramón Gómez Besteiro e Mª Soledad Fernández Rocha, nun acto no que se destacou que “o labor de Preescolar na Casa é máis importante ca nunca debido ao grave problema de despoboamento no rural galego”.

(Máis información aquí)

Un día de agasallos, 365 de responsabilidade

O venres 23 de decembro ás 18:00 h., a Fundación Preescolar na Casa participará, xunto con outras asociacións, nunha actividade na Praza Maior de Lugo baixo o lema “Un día de agasallos, 365 de responsabilidade”. A idea será achegarse aos veciños de Lugo para que fagan un “alto” na dinámica de consumo esaxerado que se da nestes días, e facelo de xeito lúdico para que ademais de concienciar sobre o tema, se de a coñecer o traballo de cada unha das asociacións presentes, os obxectivos e a misión.

Concerto para bebés en Monforte

A Fundación Preescolar na Casa quixo achegar a música clásica á infancia cun concerto en directo o mes pasado en Monforte. Con estes concertos tratamos de contribuír a que nais, pais e fillos poidades gozar da música e descubrir a importancia que ten no desenvolvemento global das persoas, así como para axudar a nenas e nenos a desenvolver distintas capacidades como a sensibilidade auditiva e a gozar cos sons e coa música. Iste evento foi posible grazas á colaboración do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez e o patrocinio da Delegación de cultura do Concello de Monforte de Lemos. Agradecemos o seu esforzo a todas as persoas implicadas na organización do Concerto e a todos os que alí estivechedes, grazas.

Aquí tedes unhas fotos por si as queredes descargar:

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag