Posts Tagged ‘boas prácticas’

Xuntanzas de Convivencia en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Xuntanzas PnC en Ourense

Un ano máis, os pais, nais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias da provincia de Ourense, reuniranse nas diferentes Xuntanzas de Convivencia que se organizan en distintas comarcas desta provincia. (Ler noticia en La Región).

A primeira será este venres, día 10, en Vilariño de Conso, na área recreativa (Ver nova concreta desta xuntanza). Na semana seguinte faranse en Rioseco, no concello de Paderne de Allariz, o día 14, e o día 16, na Bola, na área recreativa de Veiga.

Haberá actividades pensadas para que compartan nenos e adultos: espazos de xogo, de contos e lectura e diversos obradoiros. A música e a reciclaxe tamén terán cabida nestas xornadas.

A intención destas xuntanzas é a de facilitar o encontro de tódalas nais, pais, nenas e nenos que participan nos Espazos das Familias na zona, pero haberá sitio tamén para as que non participan teñan a posibilidade de coñecer o programa desenvolvido pola Fundación.

Encontro interxeracional: nenos e maiores xuntos

Hoxe 6 de xuño tivo lugar no Centro Social Maruja Mallo, do Concello de Lugo un encontro interxeracional no que participaron nais e nenos dos Espazos das Familias de Preescolar na Casa e as persoas maiores do Centro de Día Antonio Gandoy, xestionado por Alalás.

Tratábase de compartir tempo a redor dunha actividade na que puideran participar tanto os nenos coma as persoas maiores con menos mobilidade, así que se lles propuxeron diversas actividades de expresión plástica.  Sobre un mural compartido pintaron con pincel e esponxas. Logo pegaron sobre el papeis, plumas e fíos.  Máis aló do traballo coas mans, e do exercicio de creatividade, a actividade permitiulles aos nenos atopar o ritmo, máis pausado, dos maiores.

A experiencia foi satisfactoria e enriquecedora para tódalas partes, e abriu a porta a unha colaboración máis continuada entre a Fundación Preescolar na Casa e Alalás.

Conclusións das I Xornadas Educando na infancia e na adolescencia

As I Xornadas educando na infancia e na adolescencia: Unha mirada á primeira infancia, reuniron en Lugo, os días 12 e 26 de marzo a preto de 200 persoas, (a maior parte profesionais da educación, pero tamén nais e estudantes) que manifestaron, a través da súa alta satisfacción coas xornadas, a necesidade dunha resposta sistémica ás necesidades da infancia e da familia (Ver noticia publicada en La Voz de Galicia). A creación desta resposta precisa a implicación dos diferentes sectores da comunidade, para repensar as ofertas e modelos educativos que existen de acordo coas seguintes premisas Read the rest of this entry »

Contacontos en Pontevedra

O vindeiro xoves día 28 de abril ás 17:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra as familias participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa participarán nunha actividade de contacontos en colaboración co Consorcio Editorial Galego na súa Campaña para a Promoción da Lectura e a Creatividade para o curso 2010/2011.

Foto Mario Tomás


A actividade estará a cargo de Mario Tomás, profesional das artes escénicas desde 1990, con ampla experiencia contando historias, impartindo obradoiros e participando en máis de trinta montaxes teatrais.
Ao instalarse en Galicia Mario Tomás funda a Compañía de teatro Tirititempo, coa que segue a realizar a maior parte das súas actividades.
As sesións adáptanse aos participantes e desenvolveranse dun xeito interactivo, nunha duración variable en función das idades dos mesmos.
Historias sacadas dos libros e escenificadas buscando a colaboración dos nenos e nenas estimulando a súa imaxinación e fomentando o interese pola lectura.

“Apoio educativo ás familias” con David Pernas (Compañía do Trinke Trinke), no Cefore de A Coruña

Relatorio de David Pernas

Relatorio de David Pernas

Durante o curso 2010/2011 as orientadoras da Zona Coruña Norte da Fundación Preescolar na Casa participan nun Grupo de Traballo a través do Cefore de A Coruña que leva como título “Apoio educativo ás familias”, co fin de afondar na preparación dos Espazos das Familias tentando mellorar non só os contidos dos mesmos senón tamén a metodoloxía empregada nesas sesións.

Para iso, o pasado venres día 24 de Marzo contaron coa presenza de David Pernas, compoñente da Compañía do Trinke Trinke, que nunha sesión fundamentalmente práctica amousoulles diversos aspectos a ter en conta á hora de contar contos.

Dende a Fundación Preescolar na Casa sabemos que os contos teñen un grande valor educativo por tódolos recursos que ofrecen, poñendo en valor os ámbitos de desenvolvemento dos nenos e nenas: o psicomotor, o afectivo, o cognitivo, o lingüístico…; ademais de axudar aos máis pequenos a coñecer o mundo que os rodea.

Continúan as I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

I Xornadas Educando na Infancia e na Adolescencia (Preescolar na Casa)

Este sábado 26 de marzo continúan no Salón de Actos da Escola de Maxisterio de Lugo as I Xornadas “Unha mirada á primeira infancia”, continuación da celebrada o pasado 12 de marzo. “Educando na Infancia e na adolescencia”, unha premisa que a Fundación Preescolar na Casa, a Fundación Santa María e a Escola de Maxisterio de Lugo queren levar a cabo para acadar unha sociedade xusta e solidaria. E para isto, a educación ten que ser o camiño. Os obxectivos desta xornada serán analizar as necesidades da infancia, reflexionar sobre a imaxe da mesma, afondar nas respostas ás necesidades globais da infancia 0-6 e de colectivos específicos e sensibilizar cara á necesaria colaboración dos diferentes axentes relacionados coa infancia.

“Unha mirada á primeira infancia” quere ser un foro para reflexionar sobre a infancia; un tempo e un espazo para analizar a realidade, para situar as necesidades dos nenos e das nenas. A través da presentación de diversas experiencias poderemos visualizar un modelo de intervención educativa acorde coas necesidades actuais, analizando a resposta que se Read the rest of this entry »

Preescolar na Casa, a experiencia máis valorada en Europa

No Seminario Internacional celebrado en Wroclaw (Polonia), onde se reuniron rexións europeas para intercambiar boas prácticas e experiencias para solucionar problemas comúns a estas rexións incluíuse a Preescolar na Casa como proposta de boa práctica para proxectos Interreg IVC con 14 rexións europeas, proxectos en áreas illadas para romper o círculo de exclusión territorial.

Dentro do Grupo de Traballo “A formación e a educación ao longo da vida” presentouse o labor que realiza a Fundación Preescolar na Casa xunto con outras 29 experiencias máis de diferentes países de toda Europa. De entre 11 experiencias seleccionadas por boas prácticas, a máis votada foi a de Preescolar na Casa.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag