Amigos da infancia (Programa nº 680 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). A Fundación Preescolar na Casa leva dende o ano 1977 loitando por acadar unha cultura da infancia e porque esta infancia sexa tida en conta na vida da sociedade. Por iso falamos hoxe tamén co Presidente de UNICEF en Galicia, Manuel Sández, do acordo firmado no Parlamento de Galicia por UNICEF e por todos os grupos parlamentarios, no que se comprometen a velar pola infancia e polos seus dereitos, tendo en conta á infancia nas súas actuacións. “Amigos da infancia”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

A educación é a ferramenta máis importante para construír unha sociedade xusta. Pero a educación precisa de tempo. Algo que parece que non temo hoxe en día. A velocidade fai perder o gusto polas cousas. Se comemos ás présas, non gozamos da comida. Se imos moi rápido nun coche, non podemos gozar da paisaxe. Se andamos correndo pola rúa, non podemos conversar cos veciños. Convertémonos en robots. Porque a velocidade, hoxe, é un valor en si mesma. Apreciamos a velocidade. Non ter tempo é sinal de prestixio, andar atarefado todo o tempo, sen pausas, é de homes e mulleres competentes. Convén repensar a educación.  “Educación lenta”.

A AVENTURA DE CRECER

Os máis pequenos mostran o seu enxeño e as súas capacidades de moitas maneiras. Estas capacidades parece que van mudando. Un estudo recente, baseado en enquisas a nais de 10 países diferentes mostran que o 19% dos nenos e nenas de 2 a 5 años é capaz de xogar a aplicacións sinxelas de teléfonos intelixentes, mentres que tan só o 9% sabe atar os cordóns dos zapatos. O 58% dos nenos nesta franxa de idade son capaces de empregar un ordenador para xogar, pero só un 43 % sabe montar en bicicleta. Estes son dous exemplos do estudo. “Novos coñecementos”.

XOGAR E BRINCAR

Carla e a súa nai mostran uns xoguetes que fixeron na casa. Os mellores do mundo, xa que son únicos e intransferibles. Uns xoguetes que Carla conservará sempre na súa memoria. “Os xogos de Carla II”.

LIÑA DIRECTA

Antón Pinto, orientador da Fundación Preescolar na Casa, fala sobre o reparto de responsabilidades na familia. Educar en igualdade e en coeducación é tarefa imprescindible.

CONTRAPORTADA

Nesta semana das Letras Galegas, lembramos a figura de Lois Pereiro. “Letras Galegas 2011”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 680

TÍTULO: Amigos da infancia

DATA DE EMISIÓN: 21 de maio de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag