Nenos en emerxencia (Programa nº 679 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). Estamos a vivir tempos convulsos en moitos lugares do noso planeta: Xapón, Libia, Costa de Marfil e outros moitos países onde os que máis sofren son os nenos e nenas. E para axudar a estes pequenos en dificultades está UNICEF, que cun traballo avalado por moitos anos, chega para alí cubrir unhas necesidades básicas. De todo isto falaremos hoxe co Presidente de UNICEF en Galicia, Manuel Sández. “Nenos en emerxencia”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

O pazo de Anzuxao, na comarca do Deza, en Lalín, está situado nun marabilloso entorno rodeado de amplas pradarías, bosques e espazos naturais. Traballando con produtos naturais, elaboran queixos artesáns de ampla demanda e aceptación. Ata alí fomos, nenos e nenas acompañados polos pais, a visitar este fermoso pazo. Chama a atención o entorno no que está situado e do que gozaron nenos e adultos.  “No Pazo de Anzuxao”.

A AVENTURA DE CRECER

Poñemos imaxes a unha fermosa cantiga de Luis E. Batallán con letra de Curros Enríquez: “O maio”.

XOGAR E BRINCAR

Reciclar, recuperar e reutilizar son tres palabras que cobran moito sentido na educación das nenas e dos nenos. Porque son tres palabras que implican coidar o medio natural, respectar a natureza e respectar aos demais. E por riba, pódennos axudar a desenvolver capacidades como a creatividade e a imaxinación nos máis pequenos: podemos recuperar cousas do lixo para convertelas en xoguetes. Imos poñer a traballar o maxín. Por exemplo, collemos unha botella de plástico grande, desas nas que adoita vir o suavizante. Que podemos facer con ela? “Cunha botella de suavizante”.

LIÑA DIRECTA

Ángela Torres, psiquiatra e profesora da USC da resposta á seguinte pregunta: Como axudar a un neno a superar a morte dun ser querido?

CONTRAPORTADA

Rematamos o programa co neno pensador, coa nena equilibrista, co neno gourmet, coa nena exploradora, co neno actor, …, nenos e nenas que teñen tódalas posibilidades para ser o que queiran. “Desfile de modelos”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 679

TÍTULO: Nenos en emerxencia

DATA DE EMISIÓN: 14 de maio de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag