Cousas sobre os chegados de a pouco (Programa nº 678 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). Manuel Silveira, Pediatra e Xefe de Servizo de Pediatría do Hospital de Burela, Lugo, estará hoxe no noso programa para seguir a falarnos dos coidados dos bebés cando acaban de nacer. Este é un momento especialmente delicado e que aos pais, sobre todo se son primerizos, lles xurden moitas dúbidas. Manuel Silveira acaba de publicar un libro titulado “50 cosas que debes saber sobre un recién nacido” onde plasma a súa experiencia e estará hoxe connosco para tratar de resolver algunha destas dúbidas. “50 cousas que saber sobre os chegados de a pouco”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Noelia, de catro anos, acaba de ter unha irmá. Son moitos os cambios que se están a producir na súa vida. E estes cambios tradúcense en novos comportamentos. Os pais perciben que Noelia demanda máis atención, que se enfada con moita facilidade, que é máis esaxerada, … Aparecen os temidos celos. Pero os celos son o mecanismo que lle vai permitir á nena adaptarse á nova situación. Lembremos que Noelia aínda non ten a suficiente madurez cognitiva, polo que ao nacer a súa irmá síntese desprazada e culpable. Por iso, actitude dos pais será decisiva para que a nena poida entender e resolver de forma saudable esta situación. “Noelia, camiño da madurez”.

A AVENTURA DE CRECER

Anxo Moure volve a estar connosco para contarnos un conto que auna tenrura e ecoloxismo: “As bágoas das árbores”.

XOGAR E BRINCAR

Estamos rodeados de cores. A vida está vestida de cores. Nenas e nenos viven un mundo de cores. Xoguetes, contos, roupas, froitas, pinturas…, todo o que cada día entra polos ollos está pintado de cores. Vestímonos coas cores, pintamos coas cores,  mesmo pintámonos de cores. Así que hoxe imos xogar con elas. Hai que ofrecer aos nenos tempo e material suficiente, nun ambiente de calma e seguridade. Os nenos viven, ven, medran, escoitan, investigan, xogan e aprenden nun mundo de cores. “Sementando cores”.

LIÑA DIRECTA

Patricia Vázquez del Río, xinecóloga, responde á seguinte pregunta: Como previr as enfermidades de transmisión sexual?

CONTRAPORTADA

Os ollos que todo miran. Os pés que percorren o mundo. As mans que tocan, crean e acariñan. As flores  que admiramos, …, a vida é un plano xeral entretecido de primeiros planos. “Primeiros planos”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 678

TÍTULO: 50 cousas que saber sobre os chegados de a pouco II

DATA DE EMISIÓN: 7 de maio de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag