Nenos e nenas e separacións ou divorcios

En 2010 máis de 7.000 parellas formalizaron a súa ruptura con separacións ou divorcios. Son procesos de cambio que en moitos casos implican tamén a nenos e nenas.

Nos xulgados de Santiago  e Ourense funcionan equipos de mediación que axudan as parellas a buscar un acordo que evite que o conflito se alongue.

Este domingo Juan Daponte  mediador no equipo que traballa en Compostela estará no Espazo Educativo que emitimos na Radio Galega.

O Equipo de Mediación Intraxudicial de Santiago de Compostela funciona dende marzo de 2009. As parellas asisten a unha sesión informativa a proposta do xuíz, e deciden se queren ou non participar neses procesos de mediación. Se ao longo do proceso se chega a un acordo, tómase para a sentenza xudicial.

“Nós sempre dicimos que hai dúas dinámicas: unha de cooperación  e outra de confrontación. Se somos capaces de crear dinámicas de cooperación os problemas que poidan xurdir entre eles ou coa educación dos fillos supéranse. Se  non poden alongarse…..Temos casos que levaban 12, 13 anos nos xulgados…non son persoas raras ou persoas con algunha patoloxía, son persoas que entraron nunha dinámica da que logo quedan presos…só precisan que alguén lles axude a poñer un stop nesa dinámica”

Un fragmento da conversa con Juan Daponte ao que tamén preguntamos pola situación dos fillos neses procesos de ruptura “as veces son os proxenitores os que utilizan aos fillos pero tamén é certo que en calquera caso os rapaces tamén adoptan o seu papel, tamén teñen a súa opinión…son parte activa. Actúan coa mellor intención pero ás veces confunden aos pais”.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag