Familias inmigrantes en Galicia (Programa nº 676 na TVG)

(Podes ver o programa aquí). Segundo o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, na nosa comunidade e non fai moito, tiñan certificado de residencia 71918 persoas de orixe estranxeiro. A inmigración é unha situación que crea tensión e que desestabiliza ás familias, o referente esencial que minimiza a incertidume e o risco social. Hoxe estará connosco Mar Lorenzo, do Departamento de Teoría da Educación da Facultade das Ciencias da Educación e coautora do estudio “Familias inmigrantes en Galicia, la dimensión socioeducativa”, Premio Nacional de Investigación e Innovación Educativa. “Familias inmigrantes en Galicia”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

O estudio “Infancia e futuro. Novas realidades, novos retos” analiza as condicións de vida das nenas e nenos en España. Dedica unha atención especial aos contextos de relación no ámbito familiar, e nos espazos de ocio. Analiza o impacto que sobre os nenos exercen transformacións sociais recentes e moi significativas. No estudo aparecen datos relevantes sobre as actividades e relacións dos nenos entre 0 e 10 anos. Estes datos proporcionan claves para entender a aparición temperá de fenómenos que poden lastrar o desenvolvemento infantil, como por exemplo a obesidade ou os problemas socioemocionais. O estudo salienta tamén a necesidade de reforzar o compromiso educativo das familias, dos axentes sociais, dos mestres e educadores e das administracións públicas co benestar infantil. Trátase de que entre todos asentemos dun xeito sólido os alicerces dunha sociedade futura máis cohesionada, máis competente e máis humana. “Infancia e futuro”.

A AVENTURA DE CRECER

Poñemos imaxes a un fermoso poema de Gioconda Belli. Un poema que fala da forza e do sufrimento das mulleres, un poema que invita á reflexión. “Amence o día das mulleres”.

XOGAR E BRINCAR

Carla e a súa nai mostran uns xoguetes que fixeron entre as dúas. Trátase dun quebracabezas, dun xogo de asociación con fotos da familia e dun encaixe. Tres xogos que ademais das propiedades lúdicas dos mesmos teñen a vantaxe do compoñente afectivo, porque son feitas por eles mesmas. “Os xogos de Carla”.

LIÑA DIRECTA

Ángela Torres é psiquiatra e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e hoxe danos resposta a unha pregunta dun pai: Que son os celos?

CONTRAPORTADA

No Día Mundial da Saúde deste ano 2011, a Organización Mundial da Saúde incide na importancia de usar con xeito os medicamentos antimicrobianos. “Resistencia aos antibióticos”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 676

TÍTULO: Familias inmigrantes en Galicia

DATA DE EMISIÓN: 9 de abril de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag