Contacontos en Pontevedra

O vindeiro xoves día 28 de abril ás 17:00 horas no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra as familias participantes nos Espazos das Familias de Preescolar na Casa participarán nunha actividade de contacontos en colaboración co Consorcio Editorial Galego na súa Campaña para a Promoción da Lectura e a Creatividade para o curso 2010/2011.

Foto Mario Tomás


A actividade estará a cargo de Mario Tomás, profesional das artes escénicas desde 1990, con ampla experiencia contando historias, impartindo obradoiros e participando en máis de trinta montaxes teatrais.
Ao instalarse en Galicia Mario Tomás funda a Compañía de teatro Tirititempo, coa que segue a realizar a maior parte das súas actividades.
As sesións adáptanse aos participantes e desenvolveranse dun xeito interactivo, nunha duración variable en función das idades dos mesmos.
Historias sacadas dos libros e escenificadas buscando a colaboración dos nenos e nenas estimulando a súa imaxinación e fomentando o interese pola lectura.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag