Memorias dun neno labrego (Programa nº 675 na TVG)

Portada Memorias dun neno labrego

Portada Memorias dun neno labego

(Podes ver o programa aquí). Xosé Neira Vilas non precisa presentación. Un escritor galego universal, autor dunha obra tamén universal, que este ano cumpre 50 anos da súa primeira publicación: Memorias dun neno labrego. Libro lido por varias xeracións de lectores, fala de Balbino, ese neno de aldea no que moitos se viron reflectidos. Hoxe falaremos con Neira Vilas, que amablemente abriu as portas da súa Fundación a Preescolar na Casa, para falar de nenos, de libros, de educación, e, sobre todo, de Balbino. “Memorias dun neno labrego”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

En Vilalba, da man de Beni Martínez, matrona do SERGAS, asistimos a curso de preparación maternal para o nacemento cun grupo de mulleres embarazadas. Desta volta, a súa proposta son unha serie de exercicios acuáticos na piscina municipal. A preparación para o parto na auga vailles permitir a estas embarazadas controlar mellor o seu corpo, estar mellor fisicamente e, sobre todo, sentirse mellor.. “Embarazadas na auga”.

A AVENTURA DE CRECER

O tacto é a máxima expresión da linguaxe non verbal. Coas mans dicímoslle ao noso bebé que o queremos, que é importante para nós. Unhas caricias ao día equilibran o organismo en xeral contribúen ao desenvolvemento do bebé e ao seu fortalecemento. “Un pouco de exercicio”.

XOGAR E BRINCAR

Empregamos hoxe para xogar un material que está ao alcance de calquera: a la de cores. Os rolos de la de diferentes cores dan moito xogo. Poden servir para mover e arrastrar, para facer labirintos e perrucas, para clasificar, …, todo o que o maxín nos indique. Podemos facer cadros con la de cores, fabricar o arco da vella, …, o límite vaino marcar a nosa imaxinación. “Xogos con la de cores”.

CONTRAPORTADA

Rematamos cunha cantiga de Suso Vaamonde: “O río”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 675

TÍTULO: Memorias dun neno labrego

DATA DE EMISIÓN: 2 de abril de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag