Grupo de Traballo Interautonómico de Parentalidade Positiva

A experiencia da Fundación Preescolar na Casa de máis de 30 anos orientando ás familias co fin de axudalas a exercer a súa paternidade, a súa maternidade de forma positiva, foi presentada no Grupo de Trabajo Interautonómico de Parentalidad Positiva o pasado 23 de febreiro, en Madrid.

Este grupo de traballo atópase entre as accións  para a fomento da parentalidade positiva que ven desenvolvendo a Dirección General de la Política  Social, de las Familias y de la Infancia, do Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad ao amparo da Recomendación Rec (2006) do Comité de Ministros do Consello de Europa aos Estados Membros sobre Políticas de Apoio ao Exercicio Positivo da Parentalidad. (Adoptada polo Comité de Ministros o 13 de Decembro de 2006 na 983ª reunión dos Delegados de Ministros).

Técnicas e técnicos de servizos sociais de 14 comunidades autónomas convocados puideron coñecer que se está a facer en España sobre este tema.  Xunto a experiencia de traballo con pais desenvolvida por Preescolar na Casa, coñeceron os programas:

- Programa Intervención con familias para a prevención de condutas antisociais en menores (Huelva) desenvolvido pola Asociación Ponte e promovido desde a Junta de Andalucía. Consejería para la Igualdad y Bienestar Social. Delegación Provincial de Huelva.

- Programa-guía para o desenvolvemento de competencias emocionais, educativas e parentais.  Elaborado pola Dra. Raquel-Amaya Martínez González. Facultad y Departamento de Ciencias de la Educación. Universidad de Oviedo. Podedes atopalo no sitio www.parentalidadpositiva.jorfam.es

- Programa Crecer Felices en Familia Programa que xurde froito da colaboración entre  a Gerencia de los Servicios de Protección de Menores da Junta de Castilla y León en colaboración co Departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Universidad de La Laguna. (En documentos técnicos de apoio)

Cada vez faise máis evidente que para ser pai, para se nai hai que formarse. Os rápidos cambios sociais, o desaxuste entre a vida familiar e a laboral, a ausencia de referentes educativos, fan necesario ter espazos de encontro nos que compartir a crianza. Espazos de encontro entre pais e profesinoais que permitan falar como nais e pais, como homes e mulleres da sociedade actual. Se os pais están mellor preparados, os seus fillos serán mellores cidadáns e, nun futuro, serán tamén bos pais e nais.

Non se equivocaba a Fundación Preescolar na Casa co seu argumento “O saber ten as raíces na casa de cadaquén”. Afortunadamente, outras persoas e colectivos, desde moitos outros lugares, chegaron á mesma conclusión. Entre todos, desde o sector  público ata o privado, desde o estatal ao local, … faremos que  formarse para exercer a parentalidade de forma positiva sexa unha realidade estendida e universalizada.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag