Educación emocional (Programa nº 670 na TVG)

Podes ver o programa aquí. Acadar persoas desenvoltas ten que ser o obxectivo da educación. E para isto, precisan un clima de afecto e de confianza que os acompañe no seu crecemento. Precisan persoas preto deles nas que confiar, que os acepten dunha forma incondicional, que sexan o seu apoio, que lles faciliten ampliar as súas relacións, que lles proporcione motivación e comprensión. A educación emocional será o tema de hoxe, para o que contaremos con Carmen Loureiro, mestra, psicóloga e partícipe no Proxecto Miroscopio, de Filosofía para Nenos para falar de todo isto. “Educación emocional”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

Chegamos ata Lodoselo, en Ourense, para vivir experiencias novas cos máis pequenos. Escabullamos o millo e facemos restras, coñecemos animais, viaxamos en carro, facemos pan, …, un día para non esquecer en Lodoselo. “De visita en Lodoselo”.

A AVENTURA DE CRECER

O tacto é un dos sentidos máis desenvolvidos no momento de nacer. A través del, o chegado de a pouco comeza a recibir estímulos e información que lle permiten ter interacción co mundo que o rodea e fortalecer todo o seu potencial. E hoxe temos connosco a Belén, unha fisioterapeuta que adoita masaxear a súa filla Noa e que nos vai amosar hoxe como dar unha boa masaxe. “A masaxe de Noa”.

XOGAR E BRINCAR

Facer que o desenvolvemento dos nenos vaia acompañado de experiencias e momentos agradables ten que ser unha das nosas obrigas como pais. Hoxe imos estimular o sentido do tacto a través dun xogo moi divertido. “A caixa de tocar sen mirar”.

LIÑA DIRECTA

Patricia Vázquez, xinecóloga, responde á seguinte pregunta: como afrontar os medos durante o embarazo?

CONTRAPORTADA

Os nenos e as nenas teñen que vivir en igualdade cada día e todos os días. A igualdade debe presidir todas as accións e a vida cotiá. Será a mellor das maneiras para ensinarlles aos máis pequenos a medrar. “Igualdade cada día”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 670

TÍTULO: Educación emocional

DATA DE EMISIÓN: 26 de febreiro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag