Esgotadas as prazas para participar nas I Xornadas Educando na infancia e na adolescencia

A convocatoria para participar nas I Xornadas Educando na infancia e na adolescencia: Unha mirada á primeira infancia, que se celebrarán os días 12 e 26 de marzo, en Lugo, tivo unha gran acollida, xa que aos poucos días de iniciarse o prazo de inscrición esgotáronse as prazas, sendo moitas as persoas interesadas que non van poder participar.

O éxito da convocatoria constitúe un sinal importante do interese que esperta a educación nos primeiros anos e a necesidade de que profesionais de sectores moi diversos intercambien coñecementos, experiencias e puntos de vista co obxecto de mellorar os diferentes contextos de desenvolvemento dos nenos e das nenas.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag