Filosofía para nenos (Programa nº669 na TVG)

Podes ver o programa aquí. A filosofía é o estudo dunha variedade de problemas fundamentais acerca de cuestións como a existencia, o coñecemento, a verdade, a moral, a mente, … O ser humano sempre quixo comprender a realidade da vida. Os nenos e as nenas, dende que nacen senten curiosidade por saber e coñecer os misterios da vida: porque morremos? por que queima o lume? por que non cae a lúa?… Isto lévanos a facernos unha pregunta: son as nenas e os nenos filósofos? Hoxe estará connosco Carmen Loureiro, mestra, psicóloga e partícipe no Proxecto Miroscopio, de Filosofía para Nenos para falar de todo isto. “Filosofía para nenos”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

A casa é un escenario onde o neno e a nena desenvolven unha morea de xogos e de experimentacións: é o contorno máis inmediato do noso fillo. Cada espazo da casa ofrece un amplo abano de posibilidades para poñer en funcionamento capacidades sensoriais, motrices e cognitivas. Chega con botar unha mirada ao redor e un chisquiño de imaxinación: a casa é o mellor centro de xogo e de aprendizaxe. “A miña casa, o meu espazo de aprendizaxe”.

A AVENTURA DE CRECER

Estarán no programa dous membros do grupo Mamá Cabra, para cantarnos a todos unha cantiga que titulan “Todo natural”, unha cantiga que xunta ritmo con educación nutricional. É importante que nenos e nenas aprendan a comer de todo na xusta medida e, sobre todo, e como di a canción, natural. “Todo natural”.

XOGAR E BRINCAR

Un móbil é un obxecto de decoración, de arte ou de xogo. Está formado por diferentes figuras colgadas dun fío, que se moven con facilidade diante de calquera impulso. E aos bebés encántalles: desenvolven a vista, focalizan a atención e entretéñense. No mercado hainos de moitas formas e tamaños, pero é moi doado facelos na casa. Poñamos a traballar o maxín. Os xoguetes feitos na casa espertan o universo afectivo. Facer xoguetes cos fillos é das mellores cousas que hai para acadar e perdurar o vínculo afectivo. “Móbiles en movemento”.

CONTRAPORTADA

Oral ou escrita, a linguaxe expresa a nosa concepción do mundo. Pero na linguaxe e no dicionario as mulleres seguen ocultas e subordinadas. Hai que usar unha linguaxe intelixente que represente a homes e mulleres por igual. “Linguaxe de todos e todas”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 669

TÍTULO: Filosofía para nenos

DATA DE EMISIÓN: 19 de febreiro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag