A lectura (Programa nº 668 na TVG)

Podes ver o programa aquí. É importante que os máis pequenos desenvolvan un sentimento afectivo cara a lectura. E nisto, a familia ten un papel fundamental, e para isto será necesario crear o ambiente físico e psicolóxico axeitado. A responsable da Área Infantil da Biblioteca Nodal de Lugo, Sabela Pérez, estará hoxe connosco para tentar darnos as claves para acadar nenos que gocen da lectura. “A lectura”.

AS COUSIÑAS DE CADA DÍA

As nenas e os nenos de dous anos efectúa a cotío movementos que lle son naturais. Desprázanse e agatuñan, rompen e arrastran, enchen e baleiran, lanzan e transportan. Cada movemento dos nenos produce transformacións, e non hai pensamento sen actividade: o movemento é necesario para desenvolver a intelixencia. “Móvome porque estou vivo”.

A AVENTURA DE CRECER

Nas actividades diarias de nenos e bebés non pode faltar a súa dose de masaxes. As masaxes son saúde, cariño e benestar. Porque as virtudes das masaxes son moitas. Entre elas, está a virtude terapéutica. Ó longo da historia, sobre todo en culturas orientais, empregouse a masaxe como terapia para moitas doenzas e enfermidades. Hoxe faremos unha masaxe para aliviar esa conxestión tan molesta que dificulta a respiración dos máis pequenos cando están arrefriados. Esta conxestión altera o ritmo natural da respiración do neno causando problemas para respirar ou durmir. “Masaxe e conxestión nasal”.

XOGAR E BRINCAR

O xogo é moi importante na vida dos máis pequenos. Quizais o máis importante. Co xogo, os nenos aprenden comportamentos, actitudes e competencias que lles serán moi útiles ao longo da vida. Hoxe falaremos dos xogos de asociación, tan importantes para aprender a discriminar e asociar formas, cores, tamaños ou figuras.. “Os triángulos da aprendizaxe”.

LIÑA DIRECTA

Vanesa Gómez, Orientadora da Fundación Preescolar na Casa danos a coñecer unha figura relevante da educación, Marta Mata. Persoeiros da educación: Marta Mata

CONTRAPORTADA

Na familia ten que estar o caldo de cultivo da igualdade real entre homes e mulleres. Na familia é onde se dan os mellores modelos. Tratemos que na nosa casa haxa verdadeiros exemplos de igualdade. “Familia, espazo de igualdade”.

PREESCOLAR NA CASA ESPAZOS EDUCATIVOS

PROGRAMA de TV Nº 668

TÍTULO: A lectura

DATA DE EMISIÓN: 12 de febreiro de 2011

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag