Primeiros alimentos, xogo e hábitos de estudo nos espazos radiofónicos.

No Espazo Educativo da Radio Galega falamos esta fin de semana de alimentación: da transición entre unha dieta exclusiva con leite a unha máis parecida á dos adultos, á que se incorporan pouco a pouco tódolos alimentos.

Tamén nos achegamos ao xogo simbólico, protagonista na vida de nenas e nenos entre os 2 e os 6 anos.  Amais de ser unha actividade pracenteira,  contribúe ao desenvolvemento intelectual, afectivo e social.

Recollemos tamén algunhas reflexións sobre a educación en igualdade: Rita Radl –directora do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela- marca como retos pendentes a revalorización das tarefas de coidado e a partipación dos homes nelas.

Para os que tamén sintonicen Radio Principal engadimos outras propostas. Ao fío do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia falaremos do papel da familia na educación para a paz.  Recollemos recomendacións dende o Seminario Galego de Educación para a Paz e de Educadores pola Paz, dous colectivos de referencia neste ámbito. Poñen o acento na educación emocional, na educación en valores e na resolución de conflitos.

Con Marisol Fernandez Rocha retomamos o tema do que nos ocupamos nas dúas últimas semanas: hábitos de estudo. No espazo de igualdade sinalamos datos que confirman que a baixa por paternidade contribúe a que os homes se involucren no coidado dos fillos.

Comments are closed.

Preescolar na Casa
En Revistas Educativas
Arquivos:
Translator
Galician flagItalian flagPortuguese flagEnglish flagGerman flagFrench flagSpanish flagCatalan flag